Economía

O PP afirma que o peche de Zara confirma que a estratexia de Lara Méndez de apoio ao comercio do centro “é un fracaso”

By 28 Febreiro, 2023Sin comentarios

Antonio Ameijide desvela que se pedirá a convocatoria inmediata da Mesa Local de Comercio para buscar solucións ao peche incesante de pequenos comercios, especialmente no casco histórico, un problema que afecta a todos os barrios da cidade

O peche de Zara, que se anunciou onte, para este verán pode ser a puntilla ao comercio do casco histórico, un golpe “case irreparable” do que Lara Méndez “é directamente responsable” debido a súa “nefasta” política de apoio ao comercio local, evidenciada coa súa permisividade co peche do vicerrectorado en novembro do ano pasado.

Antonio Ameijide afirma que debido a esta situación “de extrema preocupación”, dende o Partido Popular solicitarase a convocatoria da Mesa Local de Comercio para abordar el goteo de peches de pequenos comercios en Lugo en especial no casco histórico.

Para os populares, os cascos históricos debe de ter vida, polo que hai que dende a administración local debe favorecerse o asentamento de poboación e de empresas “e non ao revés”. Como exemplo, Antonio Ameijdie descata que os datos do censo indican a perda de poboación do casco histórico de Lugo, que conta cuns 3.000 habitantes na actualidade cando chegou a contar con máis de 10.000.

Nesta situación, Antonio Ameijide quere destacar “o enorme esforzo” dos hostaleiros, dos emprendedores e dos autónomos que manteñen os seus negocios abertos no casco histórico “porque é grazas ao seu empeño e sacrificio” que o centro segue loitando por gañar o pulso ás grandes superficies comercias, a pesar “dos reiterados intentos do goberno local por desmantelar o casco histórico”.

Neste esforzo de Lara Méndez e Rubén Arroxo por desmantelar o centro de Lugo  están as peonalizacións, sen dar alternativas de aparcamento o que complica que a veciñanza se achegue ata o centro. “A estes graves problemas podemos sumar o atrasos interminables na concesión de licenzas ou a incapacidade para actualizar documentos como o PEPRI, que impulsarían o desenvolvemento do recinto amurallado”, sinalou.

Ademais, Antonio Ameijide recorda como en varias ocasións, dende o Partido Popular, propuxéronse medidas de apoio ao comercio local para axudar aos autónomos e emprendedores, con medidas como:

  • Exencións de impostos e taxas municipais: gastos como o de licenza de obras, obras menores, licenza de actividades… non deberían ser un lastre para estes novos emprendedores.
  • Negociar con entidades bancarias que traballan co concello préstamos con condicións vantaxosas para os emprendedores locais e para o financiamento necesario para a consolidación dos negocios existentes e o mantemento dos empregos.
  • Crear un servizo de asesoramento para o emprendedor (con persoal do CEI Nodus, e doutras áreas municipais así como expertos alleos á administración) para tutorizar e acompañar estes proxectos dende o concello, para que os emprendedores e os comercios ou empresas conten co asesoramento de profesionais nos seus negocios.
  • Posta en marcha dunha bolsa de mentores e profesionais de diversos ámbitos (comercio, hostalería, industria, mecánica, economía, finanzas, avogados………) que asesoren de xeito profesional en diversas materias ao emprendedor.
  • Axudas para  a dixitalización dos negocios, investimento en publicidade, posicionamento en web, RRSS e comercio.

Ademais, Ameijide sinala que hai uns meses tamén se propuxo que o goberno local habilitase unha partida de 3M€, cos que se poderían ofrecer achegas a fondo perdido de 5.000€ por proxecto co que se podería axudar a 600 emprendedores, algo ao que Lara Méndez se negou. “No seu momento xa pedíamos que unha parte deses 3M€ se reservase para rescate de negocios e mantemento dos empregos que se poderían destruír”, indicou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies