AccesibilidadEconomíaInfraestruturasMedio AmbienteZona rural

O PP comprométese a entregar unha listaxe de núcleos excluídos do Plan de fibra óptica

By 28 Abril, 2022Sin comentarios

Os populares fixeron este anuncio tralo voto en contra de PSOE e BNG a unha iniciativa encamiñada a ampliar a zona de actuación do programa que promove o Ministerio para dar cobertura a núcleos que quedan marxinados deste servizo como é o caso de San Vicente de Pías e Os Campos cuxos veciños presentaron preto de 150 sinaturas

FIBRA ÓPTICA NAS 54 PARROQUIAS DE LUGO

O Partido Popular lamenta que PSOE e BNG votasen en contra de facer un estudo para determinar as zonas brancas de fibra óptica na zona rural de Lugo co ánimo de ampliar  o Plan de despliegue de fibra óptica do Ministerio”.

O voceiro do PP Ramón Carballo critica que socialistas e nacionalistas se escuden en que “sería un traballo moi complexo xa que habería que ir casa a casa para chequear as zonas que quedan excluídas deste servizo”. Os populares recriminan que o bigoberno recele á hora de traballar para dotar deste servizo aos veciños do rural mentres que cando se trata de ir a pedir os votos non poñen ningunha pega en ir vivenda a vivenda.

Trala negativa do bigoberno a ampliar o Plan de despregue da fibra óptica os populares se  brindaron a “facer esa recollida de datos” unha acción  que mesmo ratificou o concelleiro Rafael Pérez durante a defensa dun rogo no que solicitaba, avalado por preto de 150 sinaturas,  a fibra óptica para San Vicente de Pías e Campos.

Durante o debate os populares tamén recriminaron o atraso na sinatura do decreto para impulsar a eliminación de zonas sen fibra óptica no rural desvelando que “o decreto firmado por dona Paula Alvarellos en febreiro de 2022 para impulsar a eliminación de zonas brancas foi presentado por telefónica no rexistro xeral en maio de 2020” polo que pediron explicacións dos motivos polos que se demoraron en presentar este programa. “Tardaron dous anos en reaccionar, atrasando unhas obras para dar cobertura dixital as parroquias simplemente porque non era tempo de eleccións” matizou.

Por último dende o PP queren deixar constancia de que “somos conscientes de que dada a extensión da zona rural de Lugo, que é o municipio galego con máis parroquias, é complicado unha cobertura total no obstante hai que traballar e aspirar a dar o mesmo servizo a todos os veciños residan onde residan”.

 

PLAN OPTIMIZACIÓN RECURSOS

Os populares lamentan que  PSOE y BNG rexeiten  elaborar un plan de optimización de recursos que evite que creza de forma desmesurada las facturas de mantemento dos edificios e instalacións públicas. Socialistas e nacionalistas, coa escusa de que xa o están facendo, dixeron non a unificar os subministros enerxéticos, ou a facer un estudo de alternativas, de eficiencia enerxética. O vicevoceiro popular interpreta esta actitude como un síntoma de que “o bigoberno vai de novo rico” subliñando que “mentres outros concellos gañan empresas e aumentan a poboación Lugo da pasos marcha atrás”.

 

COMISIÓN CONSULTIVA MERCADO E PRAZA DE ABASTOS

O PP agradece que trala presión exercida o goberno local hoxe anunciase que “na maior brevidade posible convocaría a comisión consultiva do Mercado e a Praza de Abastos para dar voz aos placeros”.

A concelleira popular Sagrario Sánchez indica que “é unha mágoa que teñamos que presentar iniciativas en pleno para que PSOE e BNG cumpran coa súa propia normativa” engadindo que “non nos importa marcarlles o ritmo de traballo se deste xeito conseguimos que reciban e falen con todos os veciños ainda que non teñan o carné nacionalista e socialista”.

 

ACCESIBILIDADE ZONAS VERDES

O PP lamenta que o bigoberno se negue a poñer en marcha un plan de mellora da accesibilidade ás zonas verdes da cidade

A concelleira popular Macamen López Silva critica o pechamento do goberno local a estudar un plan de mellora da accesibilidade das zonas verdes da cidade, que deben ser “plenamente accesibles” para que calquera cidadán poida disfrutar delas.

Unha proposta que chocou de fronte coa actitude do goberno local, que asegurou descoñecer eses supostos problemas e, incluso, negouse a realizar un percorrido cos concelleiros populares para ver in situ os problemas aludidos polo Grupo Municipal Popular.

 

ROGOS AO PLENO

Dende o PP non entenden que o goberno local non sexa capaz de responder a unha petición tan concreta como ampliar as zonas de carga e descarga no centro da cidade e revisar os seus horarios para adaptalos ás necesidades dos comercios e establecementos que hai no casco histórico.

Os populares agradecen que se teña en consideración a petición realizada para instalar un paso de peóns na Garabaya, no cruzamento das rúas Fisterra, Pedáneo Xoan Diego e Garabaya de Abaixo, xa que é unha zona na que é preciso regular o tránsito de peóns, así como colocar máis colectores de lixo e asfaltar aquelas zonas que están en terra.

 

A CIFRA

O PP desvelou durante a presentación dun Rogo para solicitar unha maior coordinación e planificación nos Servizos Sociais do Concello que por falta de dilixencia con ata de onte había 325 expedientes de dependencia sen resolver. Entre eles hai  10 lucenses de grao III, 57 de grao II e 258 de grado I.

Outro síntoma de que se podería mellorar o funcionamento deste departamento é que no  Servizo de Atención ao Fogar das 18.776 horas mensuais que a Xunta asigna ao Concello de Lugo quedan  237 horas sen adxudicar. É lamentable que pese a que se aumentaron as horas para o SAF sexan incapaces de xestionalas pese aos esforzos do reducido persoal que hai no servizo con tres traballadores sociais e catro xefaturas.

Responder

three × 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies