EconomíaLimpezaTurismoZona rural

O PP satisfeito polas ganas, caras novas e concorrencia dos encontros abertos cos lucenses en barrios e parroquias

By 29 Abril, 2022Sin comentarios

Os populares intensifican a campaña #FacendoCidadeContigo co ánimo de achegarse a todos os barrios e parroquias do municipio “sendo o broche de ouro a comida do rural que se celebrará o vindeiro día 5 de xuño e na que se fará unha homenaxe ao concelleiro do rural, recentemente finado, Manuel López

Os concelleiros do Grupo Popular participan activamente nunha nova fase da campaña #FacendoCidadeContigo que se retomou, nas últimas semanas, trala relaxación das medidas covid. Esta semana houbo xuntanzas no barrio da Piringalla e tamén na parroquia de Conturiz e para a vindeira semana xa está en axenda a visita que se realizará o martes a Calde (20.30 horas no Restaurante Picato) e a do xoves no barrio da Milagrosa (20.00 horas).

Os populares marcanse como reto, neste cuatrimestre, percorrer todos os barrios da cidade así como as 54 parroquias para que “a rúa sexa un espazo de debate cara a cara e aberto a toda a cidadanía”.  “Estamos moi satisfeitos porque hai caras novas, á xente ten ganas de que se lles escoite e as reunións son moi concorridas”.

Nese senso, os populares avanzan que continuaran coa estratexia de ceder parte da cota de iniciativas que temos asignada como grupo municipal para trasladar a comisións e plenos propostas que recollamos nestes encontros.

No PP cumprimos a folla de ruta que marcamos dende un principio. Ademais de fiscalizar o traballo que leva a cabo o bipartito tamén somos un partido constructivo, como así se demostra coas iniciativas que levamos a plenos e a comisións. Neste primeiro cuatrimestre presentamos 95 proposicións, rogos e preguntas, entre elas unha alta porcentaxe de cuestións que nos trasladaron directamente os afectados.

O colofón a esta campaña intensiva de visitas e traballo a pé de rúa será o xantar do rural que se vai celebrar o vindeiro 5 de xuño e no que se fará unha homenaxe ao concelleiro recentemente finado Manuel López.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies