Accesibilidad

O PP lamenta que o bigoberno se negue a poñer en marcha un plan de mellora da accesibilidade ás zonas verdes da cidade

By 28 Abril, 2022Sin comentarios

Os populares critican o pechamento do goberno local a estudar un plan de mellora da accesibilidade das zonas verdes da cidade, que deben ser “plenamente accesibles” para que calquera cidadán poida disfrutar delas

Nun paseo polas distintas zonas verdes da cidade, ponse de manifesto o mal estado dos accesos ás mesmas. Obstáculos no chan o pendentes de acceso moi pronunciadas fai que estas contornas naturais sexan inaccesibles para aqueles usuarios de idade avanzada ou con limitacións de mobilidade.

Así vemos algún espazo que dispón de aparatos de ximnasia biosaudable, e outros que serían susceptibles da súa instalación, que suporían un bo reclamo para usuarios destas características pero que debido ao abandono e á falta de previsión son inaccesibles para estas persoas.

As persoas con diversidade funcional son titulares dos mesmos dereitos que o resto dos cidadáns, e as administración locais deben ser quen de garantir que podan disfrutar en igualdade de condicións de todas as dotacións das que dispón cada un dos municipios.

A Unión Europea identificou na súa ‘Estrategia Europea 2020’ ao ‘Envejecimiento Activo y Saludable’ como un dos grandes retos de todos os países europeos. É por isto que o noso Concello non pode quedar ao marxe destas iniciativas e debe dar resposta a este reto dando a posibilidade de disfrutar de actividades de ocio, en xeral, e de ocio en espazos naturais, en particular, a todos os cidadáns independentemente das súas características persoais.

O Concello de Lugo non pode manter a súa materia pendente na accesibilidade, sexa cal sexa a súa localización ou o seu destinatario. Cómpre levar a cabo unhas actuacións mínimas, inicialmente, e inmediatas que solucionen os casos máis curiosos para logo ir ampliando as actuacións de xeito que abarque a todas as zonas verdes da nosa cidade.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que suscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

– Elaborar un plan de accesibilidade de zonas verdes da cidade de Lugo que garanta que as persoas con discapacidade, poidan disfrutar da riqueza das nosas zonas verdes.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies