ProposiciónTransparencia

O PP acusa a Méndez de ampararse en plenos telemáticos para silenciar á oposición

By 14 Outubro, 2021Sin comentarios

O voceiro popular Ramón Carballo lembra que “no resto das grandes cidades de Galicia e mesmo na Deputación de Lugo xa se asiste aos plenos de forma presencial” e lamenta que “a alcaldesa non queira saír da zona de confort que lle permite tapar a voz dos concelleiros da oposición a golpe de clic”

O voceiro popular pediu ata en catro ocasións (1) recuperar á normalidade das sesións pero “a resposta que nos deu hoxe a alcaldesa, escudándose en que non se convocan porque o público non podería acceder, sóannos a desculpa de mal pagador xa que se poden seguir, perfectamente, de forma telemática”.

Ramón Carballo afirma que “os plenos telemáticos son o salvavidas político da alcaldesa xa que é onde se sinte máis cómoda porque dirixe de forma dictatorial os plenos evitando os debates cara a cara”.

Os populares din que “é incomprensible a actitude da rexedora xa que permite a celebración de festas e concertos con numeroso público e organiza recepcións no salón de plenos con máis persoas que os 25 concelleiros que formamos o pleno”.

Tendo en conta que nuns días se decretará o fin do estado de emerxencia sanitaria “non ten sentido que as sesións plenarias non recuperen a normalidade” reflexiona o voceiro popular que engade “querer é poder e se tanta prudencia ten a alcaldesa pode buscar ubicacións alternativas para celebrar o pleno”.

Dende o Grupo Popular denunciamos en reiteradas ocasións o uso abusivo do turno de palabra da alcaldesa que “corrixe aos seus propios concelleiros e ataca á oposición sen dárlle ocasión de defenderse”.

(1)

  • 6 de xuño 2021.- Presentamos un escrito para retomar a celebración presencial dos plenos de Lugo
  • 27 de setembro 2021.- Pedimos á alcaldesa na xunta voceiros recuperar as sesións no salón de plenos a través dun rogo
  • O voceiro trasladou de forma oral en dous plenos a petición de recuperar a normalidade deste órgano de control ao goberno.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies