
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide lamenta que a alcaldesa rexeite escoitar as ideas do principal grupo da oposición para enriquecer a nova política fiscal post pandemia “certifícao o feito de que ainda non contestaron á petición que fixemos por escrito hai sete días para que se convocase a Mesa Técnica das ordenanzas”
O Partido Popular promove unha consulta pública entre medio cento de entidades económicas, sociais e veciñais así como colexios profesionais para recoller propostas coas que enriquecer e completar o documento que levarán como grupo municipal á Mesa de Ordenanzas que marcará a política fiscal municipal o vindeiro 2022.
Neste momento o PP elaborou 33 propostas para modificar 14 ordenanzas “trátase de achegas que redundarán no impulso da economía local, da captación de empresas, e da creación e consolidación de emprego” sinalou o vicevoceiro dos populares.
O popular insiste en que este asunto debe abordarse “co máximo consenso posible” lamentando “a cerrazón do bigoberno a tratar de forma serena os cambios que melloren as ordenanzas”. “Rexistramos hai unha semana un escrito solicitando que se convoque a Mesa Técnica para dialogar e trasladar as nosas achegas e ninguén nos contestou”. Para Ameijide ese silencio o único que pode significar é que “ou ben non fixeron ainda o seu traballo e por iso postpoñen esta xuntanza, ou ben non queren escoitar as ideas que temos e que poderían ser de utilidade para enriquecer as ordenanzas fiscais”
Antonio Ameijide explicou que “a pesar da cerrazón do bigoberno os populares volvemos a tender a man para acadar acordos que beneficien ao maior número de lucenses nun ano que será clave para a recuperación da post pandemia”.
Os populares decidiron que “mentres non os recibe a concelleira de gobernanza, non se pode perder o tempo polo que hoxe mesmo enviamos un mailing a diferentes entidades para trasladarlles a necesidade de colaborar entre todos para deseñar unha política fiscal municipal o máis xusta posible, que non asfixie máis a familias, autónomos e empresarios”. Por último Ameijide dixo que “no PP confiamos en que o bigoberno recapacite e o máis pronto posible nos convoque para acadar os maiores consensos posibles sobre este asunto.