Economía

O PP di que apoiar a Conta Xeral do 2020 sería avalar o fracaso da xestión económica do bigoberno

By 14 Outubro, 2021Sin comentarios

O voceiro popular Ramón Carballo asegura que o documento contable que hoxe aprobaron socialistas e nacionalistas “é a foto fixa dun bigoberno incapaz de impulsar obras que melloren a vida dos veciños” subliñando que “deixaron sen investir 26 M€”

Durante o debate da Conta Xeral de 2020 o voceiro popular considerou preocupante o baixo nivel de execución orzamentaria do pasado exercicio onde só se fixeron investimentos e obras por un importe  de 6,5M€ cando a previsión era de case 33 M€. Tamén destacou o baixo nivel de captación de fondos europeos xa que dos preto de seis millóns de euros de Europa que tiñamos que ter recibido durante 2020 só conseguiron ingresar o 1%, é dicir 29.038 euro.

En total deixaronse de investir en Lugo 26 MILLÓNS DE EUROS, que figuraban nos papeis pero non chegaron á realidade,uns cartos moi necesarios para mellorar os barrios e parroquias do municipio.

Para os populares outro aspecto desolador é o aumento da cifra de incobrados alcanzando máximos históricos con máis de 22M€ de saldos de dubidoso cobro durante os anos nos que Lara Méndez é responsable da alcaldía e que abarcaría de 2015 ata a actualidade. Carballo matizou que tamén “resulta chamativo que logo de que o goberno de esquerdas de Lugo privatizase o cobro dos recibos e recadación executiva fosen incapaces de frear esta sangría de morosos que xa alcanza máximos históricos”.

Carballo matizou que ao facer a análise da conta xeral “somos conscientes de que a pandemia provocou unha baixada comprensible de ingresos nas arcas municipais pero, o efecto da crise sanitaria non pode ser a única disculpa da caída de ingresos subliñando que “se ingresou en 2020 menos da mitad do que se preveía xa que tiñan previsto ingresar 149 millóns de euros e só recadaron 69,4 M€ (80 M€ menos de desfase)”

O Partido Popular considera que esta desfase terá consecuencias para os petos dos lucenses cunha suba de  impostos municipais e, nese senso, solicitou a Méndez e a Arroxo “que abran un debate sereno sobre as novas ordenanzas e que atendan ás propostas como as que lles fixemos chegar tan de sentido común como a dos vados comerciais”.

“Temos casos, e non un só, senon de varios de propietarios de pequenos negocios (talleres de coches, de pintura … se lles duplica ou memo triplica este imposto). Carballo puntualizaba “aquí teñen a oportunidade de rectificar e de facerse eco da nosa proposta para corrixir o seu erro tal e como xa fixeron cos recibos nos que cobraron de máis pola auga que se consume”. O voceiro popular remataba instándo ao bigoberno “a que aposten  polo diálogo en lugar de utilizar a súa maoría como rodillo absolutista como é habitual”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies