Cultura

O PP acusa á alcaldesa de atrasar a visita ao Auditorio de Magoi “para gañar tempo”

By 13 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os populares aseguran que o abandono deste edificio é outro símbolo máis da incapacidade de xestión da alcaldesa de Lugo xa que “non hai desculpas para explicar por que empezamos o ano 2022 sen saber nada das obras de reparación prometidas, que cando empecen xa irán con atraso”

Os concelleiros do Grupo Popular de Lugo recriminaron hoxe que “a alcaldesa atrasa a visita que solicitamos ao Auditorio de Magoi co único obxectivo de gañar tempo” matizando que “Lara Méndez aínda non empezou coas prometidas obras de reparación e xa vai con atraso”.

Dende o PP tamén amosan o seu malestar “non só porque aprazan, outra vez máis, a visita ao interior do inmoble senón porque, por riba, limitan o número de persoas da visita”. “Parece absurdo que nunha instalación preparada para que entren miles de lucenses só permitan que vaiamos dous concelleiros, aí é onde se destapa o ramalazo dictatorial da alcaldesa do que é cómplice o seu socio de goberno o BNG” matizaba o voceiro popular.

Os populares pediron en varias ocasións acceder a esta dotación cultural pechada e sen uso (novembro, decembro e xaneiro). As contestacións que recibimos foron o pasado mes de novembro na que indicaban que “os funcionarios encargados de tales tarefas tiñan a súa axenda comprometida” e á última petición manifestaron que non podían ir por “imposibilidade de técnico competente”.

O PP asegura que “no culebrón do auditorio de Magoi a única realidade  que ven todos os veciños e veciñas de Lugo é a incompetencia de Lara Méndez que incumpre a palabra dada de que teríamos un novo auditorio tralo verán e, polas trazas que levan, moito nos tememos que tampouco serán capaces de abrir as súas portas para o próximo verán”. “Todo apunta a que PSOE e BNG están dilatando a propósito a posta en funcionamento do Auditorio de Magoi porque prefiren dedicar o diñeiro as súas corruptelas como por exemplo na contratación de agrupacións  culturais afíns” reflexionaba Ramón Carballo.

Con respecto a situación do entorno desta dotación cultural piden un pronunciamento claro “se estiman que é perigoso entrar deberían reparar o peche perimetral en condicións, e sinalizar a prohibición de acceder; en caso contrario solicitamos que abran a zona para que os veciños poidan utilizar as prazas gañando novos espazos públicos no barrio”.

Responder

twenty + 9 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies