EconomíaTransparencia

O PP pide que se cuantifique o diñeiro que o Concello devolveu polos cobros de máis nos recibos da auga

By 12 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os populares afirman que “os erros nas lecturas de centos de contadores, provocados polo mal funcionamento do servizo municipal,  seguen propiciando reclamacións veciñais” e insiste en que “se cambie a fórmula para calcular a tarificación deste recibo”, e insisten en esixir que se devolva de oficio todo o cobrado de máis de xeito irregular

O Partido Popular preguntará en comisión “canto diñeiro tivo que devolver o goberno local  por cobrar de forma indebida recibos de auga”. Dende o Grupo Popular lembran como “trala campaña informativa e a tramitación de centos de reclamacións veciñais feita dende a oficina do PP a alcaldesa asinou varios decretos nos que se acorda  devolver o importe indebidamente cobrado”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide puntualizaba que agora é o momento de cuantificar “canto nos custan os erros do bigoberno” lembrando como “o PSOE empeñouse durante todo este ano en minimizar o sablazo que lle deron aos veciños e veciñas de Lugo”. O vicevoceiro popular afeaba que “a alcaldesa se esforzase en minimizar este sobrecuste nos recibos en vez  de  recoñecer o seu erro”.

Dende o PP tamén esixen que se devolva de oficio todo o cobrado de máis aos lucenses no recibo da auga e que o procedemento que ofrecen para rectificar o seu erro nas reclamacións xa aceptadas, sexa máis áxil e se poida facer, xa que en ocasións piden aos veciños que devolvan recibos cobrados hai moitos meses ou anos, algo que non permite a lexislación nin é posible facer a través das entidades bancarias.

O bigoberno tamén terá que explicar en comisión “cal é a solución que o goberno local ofrece o aos afectados polo incremento na taxa dos vados como consecuencia da actualización en 2020 da ordenanza das pasaxes que o PP rexeitou de plano”. Antonio Ameijide lembra como esta revisión supuxo un incremento brutal desta taxa e insiste en que “se deberían ter en conta as categorías fiscais para facer os cálculos así como recuperar o horario dos vados comerciais de 8 da mañá a 8 de la tarde xa que arestora a tarifa é por reserva as 24 horas”.

Os populares están convencidos de que o goberno local “só reaccionou en ambos temas” como consecuencia da presión exercida dende a oposición.  Neste 2022 seguiremos coa folla de ruta da política útil que inspira o traballo diario “para nós é unha satisfacción que grazas á escoita activa que facemos forcemos, tanto ao PSOE como ao BNG, a pór coto ao despropósito dos sobrecustes nos recibos da auga e ao sablazo dos vados, que supuxo un mazazo a moitos pequenos autónomos e negocios neste ano tan crítico”.

O vicevoceiro popular insiste en que “para o PP con que haxa unha única queixa xa é motivo suficiente para traballar e darlle unha solución”.

Dentro desta batería de preguntas os populares tamén queren saber como está a tramitación da devolución da parte proporcional correspondente ao servizo de recollida de lixo que non se prestou durante a folga que durou 59 días. “Estamos falando dun compromiso do ano 2015 e que consistía en aplicar no recibo dos cidadáns o desconto correspondente aos días de folga” concluía Ameijide.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies