El PP pide que se recupere la escultura del San Sebastián Alanceado de Paco Pestaña de la Plaza Roja

By 16 octubre, 2021octubre 18th, 2021Cultura

Los populares consideran que “el mejor homenaje al artista difunto es mantener su obra” y, en ese sentido, proponen restaurar y reubicar esta pieza “en alguno de los nuevos espacios peatonales de Lugo como podría ser Quiroga Ballesteros o la zona de la Mosquera”

O Partido Popular presentará un rogo á Comisión Cultura para que o bigoberno “repare e reubique a escultura de Paco Pestana situada na Praza Roxa e que está nun estado deplorable”.

“Trátase do San Sebastián Alanceado unha peza á que lle falta a cabeza e que está destrozada e pouco ten que ver xa coa peza orixinal”. Os populares explican que a escultura, que estaba situada nunha peana nun lateral da praza, trasladouse de forma arbitraria de lugar e agora a súa peana é un muro que hai  neste espazo público”.

O Partido Popular xa advertiu no ano 2018 da situación na que se atopaba esta peza de Pestana e, agora, reclama que “a mellor forma de homenaxealo é restaurar e poñer en valor a súa obra”. Nese senso propoñen que “unha vez se arranxe esta peza se consensúe con todos os grupos da corporación unha nova ubicación para o San Sebastián Alanceado que ben podería ser nun dos novos espazos peonís como, por exemplo Quiroga Ballesteros ou o espazo que se habilite na zona da Mosquera”.

Para o PP é un deber do goberno local poñer en valor a riqueza artística que hai en Lugo e aproveitan esta petición para reclamar a redacción dun inventario dos elementos escultóricos do municipio para evitar que esculturas como esta de Paco Pestana queden esquecidas ou apartadas nun ricón”.  Este inventario poderíase utilizar para promocionar a cidade, para recompilar as obras escultóricas de artistas lucenses con traxectorias de recoñecido prestixio na páxina web do Concello e que mesmo incorporar a información nos planos guía do rueiro.

Leave a Reply

2 × 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies