InfraestructurasMedio Ambiente

El PP alerta del peligro que supone el entorno de la Fábrica de la Luz, con pasarelas destrozadas sobre el río

By 17 octubre, 2021octubre 18th, 2021No Comments

El vicevoceiro municipal popular Antonio Ameijide alerta de que la pasarela que hay en el entorno de la Fábrica de la Luz está totalmente deteriorada y abierta al público a pesar de que se trata de una pasarela totalmente inestable y que supone un grave peligro para la ciudadanía

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, alerta do perigo que hai para os lucenses no entorno da Fábrica da Luz e no Paseo do Miño, unha zona desatendida polo goberno local e na que na actualidade está aberto o paso a unha pasarela sobre o río totalmente esnaquizada.

Explica Antonio Ameijide que a maior zona de perigo está na pasarela que hai sobre a canle pola que debería de pasar a auga do río para producir a enerxía hidroeléctrica. Hai outras eivas detectadas, como que o caneiro está invadido pola vexetación e erosionado ou a ausencia da escala de peixes nin outro dispositivo de franqueo na presa.

Ante esta situación, os populares esixen que o Concello de Lugo, como titular deste entorno e da Fábrica da Luz debe garantir a total seguridade do entorno, xa que a situación actual é moi perigosa para calquera cidadán.

Recorda ademais o vicevoceiro popular que urxe unha actuación tamén na Fábrica da Luz xa que está “totalmente desmantelada” pola desatención do PSOE, coa complicidade do BNG, xa que ambos optaron por mirar cara outro lado mentres esta dotación esmorecía pouco a pouco.

O interior da Fábrica da Luz está totalmente baleiro de contidos, equipos ou calquera tipo de instalación que debería de haber nun edificio destinado á producción de enerxía eléctrica a través da corrente da auga, polo que pregunta a Lara Méndez e Rubén Arroxo se teñen pensado realizar algún tipo de intervención para recuperar a Fábrica da Luz ou se pensan abandonala, como fixeron con Lugo. Algo para o que o vicevoceiro popular recorda que o Concello de Lugo debe de solicitar de novo a concesión da explotación xa que a perderon debido a que a deixaron caducar.

Responder

tres × tres =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies