Los concejales del Grupo Municipal del PP se hacen eco de las quejas de los vecinos de la calle Roi Xordo que piden una mejora de la zona, sobre todo de la acera que rodea el parque infantil ya que está “destrozo” y ya se dañaron pequeños y mayores en varias caídas provocadas por las plaquetas rotas y las raíces de los árboles
A rúa Roi Xordo, no barrio de Fingoi, precisa dunha mellora, polo menos así o piden os veciños da zona, que denuncian o mal estado das beirarrúas, sobre todo as que rodean a zona de xogos infantil, punto no que xa se produciron varias caídas de pequenos e maiores ao tropezar coas plaquetas rotas do chan ou coas raíces das árbores.
Por iso, os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo piden ao goberno de Lara Méndez o arranxo inmediato desta zona, xa que se trata dun punto moi transitado polos lucenses xa que a zona de xogos infantil é moi empregada polos veciños no seu tempo de ocio.