La concejal del Grupo Municipal del PP Macamen López señala que el mal estado de los accesos a esta zona verde impide que gente con movilidad reducida puedan acceder a ella ya que hay pendientes muy pronunciadas y obstáculos en el suelo
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, pide ao goberno local unha actuación no parque do Sagrado Corazón para mellorar a accesibilidade e, de paso, aproveitando o espazo que hai na zona, colocar aparatos de ximnasia biosaudables, xa que é unha das reclamacións que a xente maior da zona lle trasladou aos populares.
Macamen López sinala que a actuación máis urxente para o goberno local debería de ser a accesibilidade e presenta unha relación de mínimos a corrixir por parte do goberno de Lara Méndez:
- Dende Serra de Meira hai dous accesos. Un deles está completamente en terra e conta cunha pendente demasiado pronunciada, mentres que o outro, pese a contar con pavimento, remata nun resalto bastante difícil de salvar
- Dende a Ponte Branca de Paradai hai un acceso que conta cunha pendente adecuada, pero que presenta un firme demasiado rugoso e con fendas que dificulta moito o tránsito para cadeiras de rodas ou persoas con mobilidade reducida
Explica Macamen López que unha vez solucionados estes obstáculos, no acceso dende Serra de Meira hai unha zona en terra e grava que leva a unha pequena ponte para cruzar ao parque, sendo o acceso á ponte tamén complicado debido ao mal estado do firme e a outro resalto que pode resultar complicado de salvar.
Obstáculos que impiden que moitas persoas con mobilidade reducida poidan acceder a esta zona verde, un punto no que sería preciso instalar aparatos biosaudables, pedidos pola xente maior da zona, para poder facer exercicio, como ocorre noutras zonas de Lugo.