Urbanismo

O PP pide o arranxo urxente das beirarrúas da rúa Roi Xordo, en Fingoi 

By 27 Febreiro, 2022Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP fanse eco das queixas dos veciños da rúa Roi Xordo que piden unha mellora da zona, sobre todo da beirarrúa que rodea o parque infantil xa que está “desfeita” e xa se mancaron pequenos e maiores en varias caídas provocadas polas plaquetas rotas e as raíces das árbores

A rúa Roi Xordo, no barrio de Fingoi, precisa dunha mellora, polo menos así o piden os veciños da zona, que denuncian o mal estado das beirarrúas, sobre todo as que rodean a zona de xogos infantil, punto no que xa se produciron varias caídas de pequenos e maiores ao tropezar coas plaquetas rotas do chan ou coas raíces das árbores.

Por iso, os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo piden ao goberno de Lara Méndez o arranxo inmediato desta zona, xa que se trata dun punto moi transitado polos lucenses xa que a zona de xogos infantil é moi empregada polos veciños no seu tempo de ocio.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies