Servizos xerais

El PP critica al gobierno local por seguir sin licitar el contrato del 010 y prorrogarlo con contratos menores

By 13 mayo, 2022No Comments

Sagrario Sánchez recuerda que hace casi un mes que el gobierno local informó en comisión que estaban a punto de finalizar los pliegos de la nueva licitación de este servicio pero la realidad es que hoy finaliza el contrato menor que firmaron y lo tendrán que prorrogar al no publicar las condiciones que regirán la nueva licitación

Seguen pasando os días e os lucenses seguen a desesperarse ao ver como non se licita o novo contrato do servizo de atención cidadá 010, que deixou de funcionar o 8 de marzo.

Explica Sagrario Sánchez que dende o goberno local cada semana repiten o mesmo: “estamos traballando no novo contrato”, pero vemos como pasan os días e seguen sen atopar unha solución a este problema. A realidade é que hai case un mes que o goberno local informou que o contrato actual vence hoxe, 13 de maio, “polo que moito nos tememos que o prorrogarán xa que non avanzaron no novo contrato”. “Tirar de contratos menores non é máis que un mal parche”, lamenta a edil, que asevera que este servizo ten que funcionar ao 100% para resolver calquera dúbida que teñan os lucenses.

Recorda Sagrario Sánchez que na actualidade non se atende a todos os usuarios que chaman ao 010, xa que so hai capacidade para responder en torno ao 80 por cento das chamadas. “Hai que dar servizo ao 100% das chamadas, sen esquecer que hai que ampliar os servizos do 010, xa que na actualidade actúan coma unha centralita redirixindo as chamadas”, explicou.

Responder

tres × tres =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies