Urbanismo

El PP propone que en las consultas realizadas en urbanismo para pedir licencias de obra se dé la respuesta por escrito

By 12 mayo, 2022No Comments

Ameijide explica que ante de la diferencias de criterio denunciadas por colegios profesionales técnicos, APEC y ciudadanos “es necesario crear un clima de certeza” lamentando que “las diferencias en la interpretación de la normativa estén desincentivando la inversión” y achaca esta situación al “caos y falta de dirección política en el área de urbanismo”

O PP vai a presentar un rogo a pleno para que “se habilite un certificado ou unha resposta por escrito na que conste o criterio que aplique o técnico que revisa o expediente dunha petición de licencia co ánimo de evitar que en sucesivos trámites o concello poida cambiar a interpretación e afectar a obra ou proxecto”. Esta iniciativa xurde logo de recibir queixas a diario de arquitectos, aparelladores, promotores ou particulares,

O vicevoceiro popular indicou que “non pode ser que te orienten sobre como podes facer unha obra e te validen, de palabra, o que está permitido para logo, ao caer o expediente nas mans doutro técnico, se aplique outro criterio diferente ao inicial denegando o acordado co primeiro técnico”. Antonio Ameijide explicou que “esto, por desgraza, é a tónica habitual en Lugo tal e como nos trasladan de forma habitual os profesionais e cidadáns” destacando que “hai moitos casos nos que, ben porque o técnico estea de baixa ou ben por xubilación, faise unha interpretación da normativa diferente cando cae nas mans doutro”.

Para a Ameijide “este baile de criterios na tramitación das licencias de obra está provocando unha inseguridade e incerteza aos cidadáns así como perdas para promotores”. O popular explica como “nun primeiro momento se lles da para diante un proxecto, tras consultar na concellalía de urbanismo os criterios necesarios para que se autorice sen problema, pero logo, coa mesma normativa en man, se lles poñen mil pegas ou se lles denega a intervención”.

Para Ameijide a alcaldesa “cos seus últimos anuncios sobre cambios na concellería de urbanismo tenta branquear a falta de dirección política” matizando que “son cambios que non entran no fondo do problema xa que segue habendo moito atraso na resolución das licenzas, moito enfado de promotores, de técnicos e de cidadáns”.

Con respecto ao último paso dado que no que se avanza “unha instrucción para dar licenza de obra con proxectos básicos sen agardar aos proxectos de execución se pregunta porque agora si e antes non” os populares anuncian que pedirán explicacións en comisión sobre “se houbo algún cambio na lexislación que permitise este cambio na tramitación e, de non habela, queren saber por que non se fixo antes esta oferta aos promotores; tamén piden información sobre a ordenanza de urbanismo anunciada hai máis dun ano e solicitan información sobre cando se recuperará a atención presencial en arquitectura, entre outras cuestións”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies