Transparencia

Valoración Caso Pokemon ORA

By 20 Xullo, 2022Sin comentarios

A nova de hoxe certifica que “os gobernos socialistas quedan marcados pola corrupción de maneira oficial e supón unha condena ao caciquismo moderno do PSOE”. Para os populares este acordo “marca un punto de inflexión necesario para lograr o cambio no concello co que eliminar este tipo de practicas caciquís marca da casa dende que hai 22 anos”.

Para os populares é unha boa nova que “por fin se dea carpetazo a un dos episodios máis escuros da política municipal de Lugo que puxo en dúbida á institución municipal como consecuencia dos delitos cometidos pola man dereita do exalcalde, e o padriño político de Lara Méndez por lucrarse con diñeiro público na adxudicación do servizo ORA”.

“Os comportamentos do que foi un pilar importante no goberno socialista lastrou, durante anos, a imaxe do Concello de Lugo xerando unha percepción na cidadanía de comportamentos pouco éticos e de desconfianza cara os políticos ” lamentan os populares.

“O triste deste feito é que os gobernos socialistas de Lugo pasarán a historia non só por ser malos xestores senón tamén por sonados capítulos de corrupción como o da ORA”.

Dende o PP lamentan que a veciñanza de Lugo, tras unha década da operación Pokemon, siga pagando as consecuencias do caciquismo moderno na adxudicación da ORA a mans de gobernos socialistas.  

O vindeiro 30 de xullo se cumprirán xa 7 anos sen ORA pese a que cando a alcaldesa a suspendeu temporalmente se comprometeu a restablecer este sistema en oito meses.

Os populares lembran como dende o Grupo Popular, dende o primeiro momento puxo no punto de mira a adxudicación  deste servizo e desafortunadamente non nos equivocábamos nos nosos prognósticos.

Responder

1 × two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies