Cultura

O PP critica que o goberno local segue a buscar escusas para xustificar que os paneis dixitais dos museos seguen sen funcionar

By 21 Xullo, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares lamentan a falta de traballo do goberno local por arranxar estes elementos interactivos, sendo a escusa do ano pasado  que” se desconectaron por cuestións sanitarias” mentres que agora “non funcionan porque uns aparatos están avariados e outros obsoletos”

O Partido Popular denuncia que os paneis táctiles da rede de museos municipais segue sen funcionar a día de hoxe, algo que xa se denunciou en numerosas ocasións, pero que ao goberno local segue sen importarlle.

Os concelleiros populares amosan a súa sorpresa ante esta situación, xa que hai poucos días dende o goberno local sacaban peito por atender na oficina de atención turística municipal a 6.000 visitantes aos que “non lles poden ofrecer contidos interactivos xa que as máquinas están avariadas ou obsoletas”.

Dende o Grupo Municipal Popular lamentan “as constantes escusas” do goberno local, xa que nun primeiro momento o goberno local asegurou que “as pantallas non funcionaban xa que estaban desconectadas por cuestións sanitarias derivadas da covid e agora vemos que ou están avariadas ou obsoletas”, polo que os populares ven “un novo exemplo de falta de traballo e preocupación por parte do bigoberno de Lugo por ofrecer contidos atractivos aos turistas”.

Un claro exemplo desta desidia do bigoberno é o MIHL. Unha infraestrutura que custou 11M€ e que segue sen espertar interese nin a turistas nin aos veciños de Lugo por falta d contidos. “Unha mostra do fracaso deste edificio é que o arredor do 75% dos seus recursos interactivos seguen fóra de servizo ou os constante problemas de mantemento, como unha inundación do montacargas.

Unha situación ante a que dende o Grupo Municipal Popular esixen “traballo” ao goberno local e que “deixen de buscar escusas” porque “vemos como ano tras ano todo segue igual ou peor, sen que o goberno máis caro da historia de Lugo faga algo por arranxar os problemas”.

Responder

16 − one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies