O PP critica a postura tomada polo goberno local de non apoiar a proposta de prantar árbores non alerxénicas xa que a proposta naceu dos populares

By 29 Outubro, 2020Medio Ambiente, Proposición

O Grupo Municipal do Partido Popular critica a postura tomada por PSOE e BNG de non aceptar a proposta realizada polos populares para prantar nas zonas verdes de Lugo especies vexetais non alerxénicas para non procovar problemas de saúde aos lucenses afectados por alerxias, xa que a propostar non naceu do goberno local.

O Grupo Municipal do Partido Popular considera necesario humanizar os espazos públicos da nosa cidade.

Unha boa parte deles foron deshumanizándose coas sucesivas reformas que se foron levando a cabo nos últimos anos, converténdoos en espazos áridos, sen personalidade propia e onde os veciños non poden gozar dun descanso sentados a carón dunha árbore, na maioría dos casos porque, simplemente, non existen.

Situación que, por certo, se ve agravada polos efectos do cambio climático dado que cun tempo cada vez máis caloroso para o habitual en Lugo, nalgunhas épocas do ano resulta difícil pasear a pleno sol por moitas zonas nas que non se atopa unha sombra baixo a que resgardarse.

As nosas veciñas e veciños, moitos deles de idade avanzada, precisan prazas e espazos verdes polos que pasear, sentarse, sen que para poder facelo se vexan obrigados a acudir á beira do Miño ou a lugares máis lonxanos aos que lles costa máis acudir ou, en moitos casos, simplemente non poden acudir.

Por iso solicitamos que se actúe para converter eses espazos en lugares amables e máis confortables coa plantación de árbores, arbustos, plantas e, por suposto, a colocación de mobiliario urbano.

Pero esa humanización non debe facerse plantando especies que provoquen alerxias nos cidadáns dado que, cada vez máis, unha gran parte da cidadanía sofre algún tipo de alerxia, de xeito que en 2050 estímase que a metade da poboación verase afectada por algún tipo de alerxia, polo que se fai aínda máis necesario planificar o futuro dos espazos verdes de forma que se mellore a calidade de vida dos lucenses pero sen prexudicar aos que sofren alerxias.

Dende o Grupo Municipal do PP entendemos que é necesario substituír aquelas especies máis daniñas para os alérxicos por outras que sexan inócuas ou menos dañinas.

Con ese obxectivo, pódese aproveitar para facelo de forma paulatina cando por diversas razóns como poden ser a seca, rotura ou outras, sexa necesario substituír algunha árbore.

E, por suposto, na planificación das novas zonas débense contemplar especies que sexan o menos daniñas posible e primando especies autóctonas.

Neste senso é de agradecer a sensibilidade do BNG que, ante a petición de este grupo, admitiu o erro nas especies previstas para a humanización no espazo resultante tralas obras de peonalización da Ronda da Muralla na Mosqueira e anunciou cambios na selección de especies previstas.

Para evitar este tipo de situacións no futuro, propoñemos que se conte co potencial neste eido do Campus Terra e, concretamente, coa Facultade Politécnica, que conta con expertos de recoñecido prestixio que poden aportar os seus coñecementos neste campo.

A mesma colaboración pode prestar o Colexio de Médicos que, xunto cos técnicos municipais, poden escoller as mellores especies para as nosas rúas e prazas tendo en conta todos os factores precisos, crecemento, mantemento e consumo de auga, así como incidencia sobre os alérxicos. Especies que permitan o gozo de todos facendo unha cidade máis verde e habitable e,  sobre todo, que non sexan un problema para unha gran parte da poboación.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

1.      Que o Concello de Lugo garanta que as plantacións de árbores, arbustos e plantas en zonas públicas do municipio, que se leven a cabo en actuacións de humanización, obras ou en sustitucións de especies vexetais preexistentes,  non sexan alerxénicas.

Leave a Reply

seventeen − one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies