O PP afea a Méndez que diga publicamente que non vai a paralizar o carril bici xa que non vai a aceptar ningunha proposta que veña do Partido Popular

By 24 Xuño, 2021Infraestruturas

Os populares non entenden a postura do bigoberno, que se pechou en banda a escoitar ningunha proposta do PP, chegando a asegurar que non se pararían as obras do carril bici, que tantas protestas xeran entre a veciñanza, xa que non vai a aceptar ningunha proposta do Partido Popular.

Ante as importantes molestias que se están a causar aos veciños coa posta en marcha do carril bici de xeito totalmente improvisado e  sin ter un estudio previo que ofreza alternativas de aparcamento para todas as prazas retiradas aos veciños, o Grupo Municipal do Partido Popular solicita que se suspenda temporalmente a posta en marcha da iniciativa ata que se busquen alternativas de estacionamento e se expliquen aos veciños.

Cómpre recordar que en algunhas zonas nas que, pola tipoloxía dos edificios, moitos deles non teñen garaxes, a posta en marcha dun carril bici supón un enorme perxuizo para os veciños e tamén para os negocios alí ubicados.

A realidade é que esta situación era perfectamente previsible pero a improvisación do equipo de Goberno e a ausencia previa de consulta á veciñanza xerou unha situación complicada en varias zonas da cidade.

Non se pode alegar que se trata simplemente da reticencia aos cambios de parte da veciñanza, hai erros que son evidentes, polo que é preciso rectificalos.

Pero ademáis da falta de alternativas ao aparcamento a ubicación do carril bici é, nalgunhas zonas, perigosa para os usuarios do mesmo.

Si se pretende unha convivencia harmónica entre os peóns, os ciclistas e os conductores é clave que  a implantación desde tipo de medidas se fagan co máximo consenso posible, doutro xeito xerará recelos que farán que fracase.

Os veciños non poden ver o carril bici como un elemento que únicamente elimina os aparcamentos e lles complica a vida para que o usen uns poucos cidadáns.

E os usuarios non poden chegar á conclusión de  que o carril bici é un perigo para a súa seguridade porque nese caso convertirarse nun mero elemento decorativo.

Outras iniciativas para fomentar o uso da bicicleta que puxo en marcha o Concello de Lugo resultaron un sonoro fracaso. Os lucenses non podemos permitirnos outro fracaso como os anteriores porque suporía desterrar o uso da bicicleta por moito tempo, por iso é preciso que as decisións que se adopten teñan o maior consenso posible.

O Grupo Municipal do Partido Popular está a favor de cantas iniciativas se poñan en marcha para fomentar o uso da bicicleta, pero teñen que ser decisións meditadas. Teñen que ser medidas pensadas que non creen problemas de xeito gratuito e se convirtan en meras iniciativas cosméticas.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

Que se paralicen as obras do carril bici en tanto no se estudien os problemas que está a causar coa eliminación de aparcamentos en zonas do entorno de Marqués de Ombreiro, Barrio de A Residencia… e se garanta o mantemento do aparcamento ou a proxección de alternativas, así como os problemas de seguridade para os usuarios que pode representar nalgunha zona.

Leave a Reply

five × 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies