O PP afea a Arroxo que agora que está no goberno di non á mesma proposta sobre transporte urbano que aprobou en 2016 dende a oposición

By 24 Xuño, 2021Transporte urbano

Os concelleiros populares critican a Arroxo por votar en contra da mesma proposición sobre o transporte urbano que si apoiou en 2016 cando estaba na oposición, o que demostra que pisar moqueta cambiou ao vicealcalde.

Ante a entrada en vigor das novas liñas de transporte urbano o pasado 1 de xuño e as numerosas queixas que se están a producir por parte de cidadáns que agora se ven obrigados a facer trasbordos para facer desprazamentos que antes facían nunha única viaxe, co incremento de custo que conleva, o Grupo Municipal do Partido Popular propón poñer en marcha unha serie de medidas sociais que compensen os citados incrementos.

Pero á vez, si se pretende fomentar o uso do transporte público é necesario facelo atractivo para a maior parte de colectivos.

Con ese obxectivo, propoñemos a gratuidade do servizo para os menores de 18 anos, parados, xubilados e familias con escasos recursos e, á vez, a gratuidade dos trasbordos para todos os usuarios de xeito que se poida intercambiar de liña sen incremento de custo, e deste xeito dar unha alternativa seria e real para os desprazamentos na cidade.

En todo caso e como a posta en marcha da reforma do servizo xerou numerosas queixas en numerosos barrios e parroquias de Lugo, instamos a urxente convocatoria da mesa do transporte de xeito que se poidan abordar na mesma os problemas detectados e propoñer melloras para resolver aqueles que se poida, de xeito que se dea resposta ás necesidades reais dos cidadáns.

Xa por último sería desexable contar cunha APP móvil para planificar as rutas e poder ver en tempo real onde se atopan os autobuses, o que sen dúbida permitiría incrementar o uso do transporte colectivo, sobre todo en determinados colectivos como a mocidade. Proponse deste xeito unha aplicación informática máis completa e ambiciosa que o código QR facilitado ata o de agora polo Goberno Municipal.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

1. Que se aprobe e poña en marcha de xeito inminente a gratuidade do servizo de bus para os xubilados, menores de dezaoito anos e familias de menos recursos.

2. Que se aprobe e poña en marcha de xeito inmediato a gratuidade dos trasbordos para todos os usuarios.

3. Que se poña en marcha unha APP móvil que permita, entre outras prestacións, coñecer en tempo real a ubicación dos buses e planificar as rutas.

4. Que se convoque de xeito urgente a Mesa de Transporte para estudar e dar solución ás queixas e problemas surdidos en barrios e parroquias de Lugo trala reordenación do transporte.

Leave a Reply

12 − 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies