O PP asegura que PSOE e BNG certificaron no pleno de hoxe que están máis preocupados de defender os seus intereses que da orde constitucional

By 26 Novembro, 2020Proposición, Transparencia

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular amosaron a súa decepción pola postura tomada polo goberno local, xa que os edís de PSOE e BNG optaron por defender as posturas tomadas polos seus representantes no Congreso, en lugar de defender a orde constitucional.

A Constitución Española, apoiada polo 88,54% dos españois, é froito da Transición Española, un dos feitos histórico-políticos polos que o noso país é admirado internacionalmente posto que se logrou pasar dunha dictadura á democracia dun xeito exemplar.

A nosa Carta Magna constitúe a norma suprema do ordenamento xurídico español e, ademáis de establecer os dereitos e deberes dos españois, fixa las institucións básicas da nosa democracia como son a Coroa, as Cortes Xerais, o Goberno e o Poder Xudicial. Os españois e os poderes públicos estamos suxeitos ao cumprimento da Constitución e do resto do ordenamento xurídico, especialmente aqueles que integran calquera das mencionadas institucións. Así, tanto os membros das Cortes Xerais e do Goberno central, autonómico ou local, así como quen integra o Poder Xudicial  comprometense a desenrrolar a súa labor “cumpliendo fielmente sus obligaciones, con lealtad al Rey y guardar, y hacer guardar, la Constitución como norma fundamental del Estado” cando toman posesión do seu cargo.

Por outro lado, a nosa Constitución tamén recolle a unidade de España, a separación de poderes, a solidariedade entre rexións e CCAA, e a liberdade (por exemplo, para elexir a lingua na que se expresan ou na que estudian os seus fillos) e igualdade dos españois como elementos fundamentais do noso Estado de dereito. Nos últimos anos, diversos movementos e grupos políticos, incluso algunhos que teñen responsabilidades de goberno e que teñen xurado “cumplir y hacer cumplir la Constitución”, puxeron en marcha un proceso para liquidar a nosa democracia e o sistema político surxido do exemplar proceso da Transición Española. Para logralo, puxeron en dúbida a lexitimidade da nosa Carta Magna, establecendo unha falsa relación entre os problemas dos españois e os artigos da nosa lei de leis; maniobraron para estigmatizar e vaciar de contido as institucións que nos definen como Estado de dereito; e algúns, incluso, chegaron a vulnerar abertamente as leis que todos nos demos.

As noticias que se sucederon nos últimos meses e semanas e as declaracións dos ministros en sede parlamentaria poñen de manifiesto como os ataques á Constitución e as máis altas institucións do Estado, có Rei á cabeza, foron crecendo mentras o Goberno  de España non só ten incumprido a súa obriga de “guardar y hacer guardar la Constitución”, senón que virou cara postulados extremos, cercanos a quenes agreden a nosa orde constitucional.

Ante estos ataques a todo aquelo que nos define como unha democracia e un Estado de dereito moderno, o Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, presenta a seguinte: PROPOSTA DE ACORDO

Instar ao Goberno de España a defender o orde constitucional e a:

  • Reivindicar a Constitución de 1978 froito da Transición Española como base de nosa democracia e pilar fundamental da extraordinaria transformación económica e social do noso país durante os últimos 42 anos.
  • Respetar, de forma inequívoca, a separación de poderes que constitue un dos fundamentos do noso Estado de dereito.
  • Defender a unidade da nosa nación e a igualdade, en dereitos e deberes, de todos os españois.
  • Protexer e apoiar a labor realizada por todas as institucións do Estado, co Rei á cabeza, como encarnación dos preceptos recollidos na nosa Carta Magna. Dar traslado deste acordo ao presidente do Goberno e á presidenta e portavoces dos grupos políticos con representación no Congreso dos Deputados.

Leave a Reply

thirteen − four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies