MobilidadeObrasTráfico

O voto de calidade da alcaldesa tumba á iniciativa do PP para mellorar a xestión das obras do casco histórico e minimizar os perxuizos a residentes e negocios

By 20 Novembro, 2023Sin comentarios

LUNS 20 DE NOVEMBRO DE 2023

 

  • Pese a este resultado dende o Grupo Popular agardan que “as explicacións e os razoamentos da exposición desta proposición lles fagan reflexionar e rectificar”.

 

  • Dende o PP explican que dende que se rexistrou a iniciativa, con data de 7 de novembro, o goberno local reaccionou intensificando contactos coa veciñanza, enviando axentes da policía para mellorar o tráfico na zona centro ou desbloqueando as liñas de autobuses para os centros educativos do recinto amurallado que comprometeran en setembro

 

SOLILOQUIOS ALCALDESA

 

  • Unha vez máis o pleno transcurre sen que o goberno local adopte ningún tipo de responsabilidade e a alcaldesa volve a corrixir aos seus voceiros con soliloquios que duran máis tempo que as intervencións tanto dos ponentes da iniciativa como dos voceiros que ela mesma designa.

 

  • Houbo no desenvolvemento do pleno varios momentos que reflicten que a alcaldesa vive fóra da realidade e que os seus argumentos non se sosteñen. O máis chamativo foi a comparativa que fixo a alcaldesa dunha obra da magnitude das que se realizan no casco histórico co cambio dunha bañeira por un plato de ducha.

 

  • Tamén nos intranquiliza que o goberno local reduza a “escoita activa” ao que lle trasladan os directivos dun gran hospital privado do centro en vez de atender ao pequeno comercio que ten que convivir e sobrevivir a estas obras.

 

PUNTOS DE ACORDO DA INICIATIVA

 Os populares agardan que, ainda que socialistas e nacionalistas votaron en contra a esta proposición, lles sirva para reflexionar xa que os puntos de acordo son  para mellorar a convivencia dos residentes e os negocios con estas obras.

Os acordos da proposición son INFORMACIÓN TRANSPARENTE DAS:

– MODIFICACIÓNS, sobre os proxectos redactados

–  Os axustes no TRÁFICO RODADO, cunha SINALIZACIÓN eficaz e actualizada.

– A AVALIACIÓN dos DANOS PRODUCIDOS nas infraestruturas existentes, e a súa REPARACIÓN.

–  Fórmulas de ESTACIONAMENTOS ALTERNATIVOS

–  Previsións sobre a futura a xestión do TRÁFICO PEONIL e RODADO intramurallas

Os populares tamén propoñían:

Estudar  COMPENSACIÓNS fronte aos PERXUICIOS causados ás actividades económicas e á veciñanza

CONSTITUÍR, unha MESA DE COORDINACIÓN DAS OBRAS

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies