EconomíaInfraestruturasUrbanismo

O PP segue adiante co seu programa #FacendoCidadeContigo, que esta semana chega a Fontiñas e a nove parroquias do rural

By 9 Maio, 2022Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular manteñen un traballo de escoita activa por todo o municipio e para esta semana teñen programadas xuntanzas cos veciños das zonas de Fontiñas e Montero Ríos, na cidade, e de Tirimol, Pías, Mazoi, Muxa, Pedrera, Labio, Rubiás, Benade e Teixeiro, no rural

O Partido Popular segue coa súa folla de ruta e segue a intensificar a presenza tanto nos barrios coma nas parroquias do rural, onde os veciños de Lugo “están a responder extraordinariamente” coa súa presenza masiva nestes actos, nos que os concelleiros populares o que fan é escoitar a voz da veciñanza para mellorar a nosa cidade.

Para esta semana, os populares teñen programadas xuntanzas cos veciños das zonas de Fontiñas e Montero Ríos, na cidade, e de Tirimol, Pías, Mazoi, Muxa, Pedrera, Labio, Rubiás, Benade e Teixeiro, no rural.

A cita cos  veciños de Fontiñas e Montero Ríos será o mércores 11 de maio a partir das 20.00 horas no bar Fontiñas. Para o xoves será a xuntanza cos veciños do rural, ás 21.00 horas na Palloza.

Os concelleiros populares valoran “positivamente” este tipo de xuntanzas “polas gañas que amosan os veciños por recuperar a normalidade e por ter de novo ese contacto presencial para tentar solucionar os problemas que se atopan a diario e que o bigoberno non quere arranxar”. Entre os problemas a solucionar está, na zona rural, a cobertura de móbil e de fibra óptica, algo para o que os populares seguen a chequear a cobertura nas parroquias para achegar ao goberno local as zonas que quedan sen cobertura para poder solucionar este problema, tal e como se comprometeron os populares no último pleno.

Responder

four − three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies