Educación

O PP reuniuse coas familias da escola infantil Gregorio Sanz para estudar as posibles solucións aos problemas do centro

By 23 Novembro, 2022Sin comentarios

Macamen López lamenta o susto que nenos, pais e profesoras levaron onte coa activación do protocolo de incendios a causa dunha avaría nesta escola infantil, un suceso que se suma a unha longa lista de incidencias neste edificio

A situación da Escola Infantil Gregorio Sanz cada día vai a peor, chegando onte a ter que desaloxar a todos os nenos e nenas por mor dunha alarma de incendio. Unha situación que preocupa, e moito, entre os pais e nais dos nenos, polo que os concelleiros populares mantiveron hoxe unha xuntanza con algúns dos familiares para coñecer de primeira man as súas preocupacións e así poder estudar as posibles solucións a tomar.

Macamen López explica que desde a Concellería de Educación deberíase de estudar a posibilidade de conectar a alarma de incendios co corpo de bombeiros para axilizar a súa chegada no caso dunha emerxencia, xa que onte foron as traballadoras as que deron a voz de alarma. “Se a alarma dá o aviso directamente aos bombeiros, en caso de emerxencia as traballadoras poden centrarse directamente en poñer a salvo aos nenos”, explicou.

A concelleira popular tamén pide que se estude a posibilidade de modificar a saída de emerxencias. Na actualidade está ao carón da entrada principal, polo que, en caso de emerxencia, se a entrada do centro queda bloqueada, non se pode empregar ningún dos dous accesos.

Os populares presentarán preguntas en comisión para coñecer o que sucedeu onte na Escola Infantil Gregorio Sanz e tamén para saber en que estado se atopa xa que é un centro que acumula un longo historial de deficiencias, como: filtracións de auga de chuvia, problemas coa climatización en verán, fallos na caldeira ou o mal estado do patio.

Responder

eight + eleven =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies