EconomíaEducación

O PP consegue que PSOE e BNG se sumen á iniciativa que pide que se reconsidere a decisión do peche do vicerrectorado no centro

By 24 Novembro, 2022Sin comentarios

O PP consegue o apoio de PSOE e BNG á iniciativa na que solicitaba que se instase ao vicerrector a reconsiderar a decisión de trasladar as súas instalacións abandonando o casco histórico da cidade

Os medios de comunicación recollen nas súas páxinas a noticia de que a Universidade de Santiago decidiu pechar o Vicerreitorado do Campus de Lugo no edificio da Praza Pío XII. Estas insalacións pasan a ter unha actividade residual que se limitará a actos institucionais ou reunións puntuais.

Cando hai 20 anos a USC apostaba por impulsar a rehabilitación do casco histórico de Lugo foi un exemplo para outras administracións, para veciños e empresarios, converténdose nun importante impulsor da rexeneración da zona histórica da cidade.

Foron Darío Villanueva, como reitor da Universidade, e Francisco Maseda como o seu representante no campus de Lugo, quen de levar a cabo as accións precisas para conquerir este proxecto e poñer en valor a situación estratéxica da que dispoñía o edificio. Se a esto lle engadimos a creación dun museo universitario que conqueriu prestixio internacional, atopámonos cun edificio que debería ser o estandarte da USC na cidade de Lugo.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

1.- Instar ao vicerreitor do Campus de Lugo, como responsable da USC, a que reconsidere o traslado dos servicios administrativos e manteña a actividade administrativa no edificio da Casa do Saber situado na  Praza Pío XII

Responder

one − one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies