InfraestruturasTransparencia

O PP reta a Lara e Arroxo a que voten en pleno que sexan os políticos responsables os que paguen a indemnización da fábrica da luz

By 19 Xuño, 2020Sin comentarios

Os populares apelan “á responsabilidade do bigoberno” para que apoie a iniciativa na que “pedimos que se inicien os trámites para esixir de oficio en vía administrativa a responsabilidade das autoridades públicas que propiciaron esta hipoteca millonaria ao concello pola desidia do Partido Socialista”

O Partido Popular presenta unha iniciativa a pleno para que os concelleiros socialistas e os nacionalistas voten “se están dacordo con que os políticos, culpables de perder a concesión da fábrica da luz, paguen á indeminzación millonaria de 2,4M€ que acaba de dictar o xulgado”.

O punto de acordo indica que “o concello de Lugo iniciará os trámites previstos nos artigos 36 e 37 da Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público e na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administración para esixir de oficio en vía administrativa a responsabilidade das autoridades públicas”.

Os populares “apelan á responsabilidade do bigoberno” e inisten en que a indemnización da fábrica da luz deben asumila os responsables desta desfeita. “A única forma que ten a alcaldesa e o seu vicealcalde de demostrar que defenden os intereses dos veciños e as veciñas de Lugo é apoiar e dar cumprimento a esta iniciativa” explicou o popular.

Para Antonio Ameijide é insultante que a alcaldesa intente desentenderse deste asunto escudándose nos técnicos ou ben en que descoñecía o que tiña entre mans. O popular aclarou que “os técnicos advertírona, en diferentes momentos do proceso, ata o propio presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil envioulle unha carta (13 de outubro de 2016) na que lle lembraba, por terceira vez, que o concello obviaba os seus requerimentos de solicitude de prórroga procando, co tempo, esta sentenza indemnizatoria. Tamén houbo requerimentos por parte da empresa solicitando a prórroga da concesión e reunións presencias cos responsables.

O popular tamén manifestou que dende o Grupo Popular se pediu actuar neste asunto de forma insistente así, en outubro do ano 2017, antes de que caducase o prazo de perda da concesión denunciamos que non acudían a reunións coa Confederación e que desoían aos seus requerimentos. En xaneiro de 2019 alertamos de que a incompetencia, a desidia e a neglixencia nos ía a condenar a unha indemnización millonaria indicando que tamén “levamos 3 anos agardando que nos deixen entrar nestas instalacións”.

O segundo punto da proposición que o PP presenta a pleno sobre a fábrica da luz suxire que se faga un estudo das alternativas para recuperar este edificio “para o uso e disfrute dos lucenses”. Ameijide lembraba como os populares levan anos presentando propostas para este inmoble e que os gobernos socialistas e nacionalistas sempre lles deron largas.

O vicevoceiro popular explicaba como “o pleno do concello aprobou, por unanimidade, en novembro de 2.000 unha moción para abrir nestas dependencias a Escola Municipal de Pesca. Con anterioridade solicitamos que se habilitase un aula da natureza pero a petición tamén caeu en saco roto. No ano 2008 os populares volvemos rexistrar unha proposición na que reclamábamos que se adicase parte do edificio para albergar unha escola de pesca e un espacio vinculado ao deporte do piragüísmo. A maiores, na antiga fábrica da luz, podería acondicionarse unha aula da natureza para explicar como evoluciona un sistema eco fluvial. Posteriormente en 2015, na liña das anteriores suxerencias, presentamos un proxecto para recuperar as instalacións municipais en desuso próximas ao Miño, como a fábrica da luz, como bases para actividades de turismo e deportes da natureza.

Ameijide incidiu en que o Partido Popular deixou en perfecto estado o edificio da antiga fábrica luz. A obra do edificio remozado, e cunha turbina funcionando fíxose gracias ao traballo da Escola Taller que financiou a Xunta de Galicia co goberno do PP no ano 1999. Pasaron máis de dúas décadas “sen que os sucesivos gobernos socialistas lle deran un uso e en consecuencia o edificio está nunha situación deplorable”.

A propia sentencia do pasado 25 de maio cuestiona a dilixencia do concello “incurre nunhas demoras excesivas e non presta suficiente atención a un asunto de tal capital importancia como era este contrato de execución da denominada fábrica da luz”. No texto deste documento fala de incomprensible que o Concello non contestase aos múltiples requerimentos; alude a que a actuación do Concello non foi dilixente e asegura que o único culpable da frustración definitiva e non subsanable do contrato é o Concello.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies