Medio AmbienteUrbanismo

O PP pide coordinación entre áreas de PSOE e BNG para evitar chapuzas como os pivotes da Volta da Viña

By 20 Xuño, 2020Sin comentarios

Para os populares “a colocación de pivotes nesta cuneta pón de manifesto que o BNG, copia da alcaldesa e practica unha política de cara á galería indo ao máis rápido e cómodo” lamentando que “rexeiten buscar unha solución integral a este paso que comunica o barrio de Acea de Olga e Fingoi co barrio da Ponte de forma directa”.

O PP considera unha contradicción que a parte socialista do bigoberno sentencie que as escaleiras de acceso ao Marcos Cela, pola Volta da Viña, están clausuradas, mentres que a parte nacionalista  defende como “actuación normal” colocar pivotes na curva deste punto da estrada vella de Santiago para protexer aos peóns que utilizan este paso.

Os populares lembran que no seu día solicitaron que se levase a cabo unha actuación integral asegurando o talud xa que, houbo varios corrementos de terra tal e como se aprecia nas propias escalinatas, e ademáis que se unisen para os peóns de forma segura esas escaleiras co Paseo do Miño e o mirador.

O Partido Popular cre que se houbese unha mínima coordinación entre as concellalías socialista e nacionalista de medio ambiente e mobilidade “non se farían as cousas ao tum tum tal e como ocorreu coa colocación destes pivotes e se plantexarían actuacións máis ambiciosas e seguras para os peóns”. “O que fixeron non deixa de ser unha chapuza para saír ao paso. Van ao máis rápido e cómodo sen mostrar interese en buscar unha solución integral e segura dun itinerario peonil”.

Os populares afirman que as escaleiras da Volta da Viña, deseñadas dos anteriores gobernos socialistas quedaron inacabadas xa que “nunca se garantiu a seguridade dos peóns xa que cando baixaban as escaleiras daban a unha cuneta, sen ningún tipo de sistema de protección”. Na actualidade a valla que colocou o concello está aberta por un lado co que os peóns poden pasar sen ningunha dificultade, a pesar dos continuos desprendementos.

 

Comisión de Cohesión Social

O Partido Popular levou á Comisión de Cohesión Social os retrasos de pagos a persoas en situación límite. A concelleira popular Carmen López Silva explica que lles fixermos ver que non é de recibo que envíen a un usuario, cunha necesidade urxente, a pedir cita no rexistro xeral cando tiñan este servizo colapsado e non facían o trámite ata pasar quince días.

Os populares indican que esto pasou cun caso dunha persoa que no seu centro social estaba de baixa o traballador social insistindo en que “derivala ao rexistro xeral foi unha solución peregrina froito do descoñecemento da responsable de servizos sociais sobre o mal funcionamento deste departamento”.

Nese senso reclamaron que de cara á nova normalidade se estableza “con urxencia” unha nova fórmula de funcionamento dos servizos sociais para mellorar e axilizar a resolución das peticións de emerxencia social.

Os populares tamén se interesaron por coñecer como funcionará o fogar dos transeúntes que abrirá xa as súas portas o sábado día 20, tal e como confirmou hoxe a responsable socialista deste servizo. Entre outras novidades o goberno anunciou que fará unha adecuación deste espazo para albergar, cumprindo os protocolos do covid, a 20 persoas. Segundo o goberno local ata que se fagan as obras no fogar dos transeúntes tan só hai 10-12 plazas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies