Infraestruturas

O PP recrimina a submisión de Méndez a Madrid e desconfía dos “anuncios de saldo” dos socialistas en materia de infraestruturas

By 17 Setembro, 2022Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide lamenta o “conformismo e a pleitesía da alcaldesa de Lugo con Pedro Sánchez” e arremete contra o retraso en infraestruturas clave para Lugo como a alta velocidade e as conexións por autovía con Ourense “da que nada se sabe”

O Partido Popular lamenta que a submisión da alcaldesa de Lugo aos anuncios “de saldo” dos socialistas en materia de infraestruturas promovidas por Madrid.

O vicevoceiro popular lamenta o “conformismo e a pleitesía da alcaldesa de Lugo con Pedro Sánchez” e arremeteu contra o retraso en infraestruturas clave para Lugo como a alta velocidade lembrando como Méndez “en vez de reivindicar para Lugo o AVE, hai uns meses, se prestaba a aplaudir en Ourense na inauguración da primeira viaxe da alta velocidade”. O vicevoceiro popular tamén fixo unha reflexión sobre a pouca ambición da rexedora para defender unhas conexións ferroviarias dignas para Lugo “sen dúbida é necesario un tren de mercadorías,  pero os lucenses seguimos sendo cidadáns de terceira á hora de poder desprazarnos en tren”. O popular aclaraba que “mellorar a conectividade é apostar por traer a Lugo o AVE” recalcando que “o de onte foron unhas declaracións de boas intencións” xa que “seguimos sen novidades sobre a alta velocidade, sen novidades sobre as variantes para chegar nun tempo razoable a Ourense e, por tanto, poder desprazarnos nun tempo razoable a Madrid” engadindo tamén que “practicamente non hai avances no tocante á intermodal, máis aló dos anuncios feitos hai unhas semanas”.

Os populares pregúntanse “como pretende a alcaldesa de Lugo atraer investimentos, crear emprego e facer de Lugo un lugar de oportunidades senón é capaz de defender algo tan necesario coma unha boa conexión por ferrocarril”. Antonio Ameijide resumía “a cidadanía de Lugo o único transporte decente que ten é por estrada e, neste momento, temos a A-6 cortada, a A-54 parada (Lugo-Santiago) e da A-56 non sabemos nada”.

Con respecto á apertura do desvío da A-6 os populares recriminaron “a falta de reacción e a incapacidade” que demostrou o goberno socialista logo de “tardar meses en buscar unha solución”; e en canto ao último prazo de apertura da A-54 amosaron o seu desexo de que “sexa a data definitiva” xa que esta obra senón avanzou foi pola falta de dilixencia, de investimentos e polo desinterese do executivo de Pedro Sánchez.

Por último o vicevoceiro do Grupo Popular de Lugo lamentou que a alcaldesa de Lugo non aplique co goberno de Madrid a  mesma intensidade de presión que demostra coa Xunta de Galicia á hora de reclamar infraestructuras para Lugo.

Responder

20 − 15 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies