Zona rural

O PP denuncia a aparición de dous novos vertedoiros incontrolados en Muxa

By 16 Setembro, 2022Sin comentarios

Para os populares esta práctica dañina para o medio ambiente segue a ser frecuente en Lugo debido a que o goberno local non persigue estes atentados contra o medio ambiente ao optar por mirar cara outro lado

Os vertedoiros incontrolados nas parroquias seguen a ser un dos grandes problemas para os veciños do rural que ven como seguen a proliferar este tipo de situacións, moi dañinas para o medio ambiente, sen que desde o goberno local de Lugo se preocupen por poñerlle freo.

Os concelleiros populares lamentan a “desastrosa” política medioambiental do goberno bipartito de Lugo poñendo como exemplo dous novos vertedoiros incontrolados que apareceron na parroquia de Muxa, “seguramente porque o goberno local, coa súa desidia, está a permitir a proliferación de vertedoiros incontrolados, unha práctica que pode traer consigo graves danos para o medio ambiente”.

O certo é que é recorrente que aparezan vertedoiros nas parroquias, e case con toda seguridade sexan restos que veñen a tirar dende outros concellos debido á nula preocupación de PSOE e BNG. Por iso, dende o Grupo Municipal Popular preguntan ao goberno bipartito “que está a facer para evitar este tipo de prácticas que, por desgraza, son habituais no noso concello”.

Nestes dous vertedoiros que apareceron en Muxa poden verse restos de obras, roupa, xoguetes, cosméticos, sofás, electrodomésticos ou alimentos, polo que urxe a rápida limpeza destes puntos.

Para os populares, a política medioambiental seguida polo Concello de Lugo “é un desastre” e para mostra os vertedoiros incontrolados que aparecen no termo municipal a diferenza doutros concellos nos que esta práctica non se aprecia, polo menos nunha cantidade e frecuencia tan altas como en Lugo. “Seguramente ten moito que ver que noutros concello si que se persegue con dureza esta práctica, algo que non sucede aquí, razón pola que parece que veñen dende outros concellos a tirar escombros, cascallos, electrodomésticos e todo tipo de lixo”, sentenciaron os populares.

Os concelleiros populares recordan a Lara Méndez que debe de dar exemplo e limpar o solar do polígono de O Ceao que converteu nun despezamento de coches e nun vertedoiro municipal onde o goberno local ten tirado todo tipo de materiais.

Responder

twenty − six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies