TransparenciaTransporte urbano

O PP reclama que se axilice a tramitación das tarxetas cidadás que levan 3 meses sen expedirse

By 24 Marzo, 2022Sin comentarios

Dende o Grupo Municipal Popular, á vista do atraso do bigoberno á hora de solucionar o problema das tarxetas cidadás, convidan aos lucenses a optar por facer a tarxeta do transporte público de Galicia, que expide a Xunta de Galicia, xa que con ela tamén se pode viaxar no transporte urbano lucense a prezos reducidos

A concelleira do Grupo Popular Sagrario Sánchez reclama que se axilice a tramitación das tarxetas cidadás que levan sen expedirse por falta de stock e que segundo afirmaron hoxe poderían volverse a expedirse no vindeiro mes.

Mentres non se solucione este problema dende o PP recomendan a todos os lucenses que se fagan a tarxeta do transporte público de Galicia, coa que tamén se pode viaxar no transporte urbano lucense.

Esta tarxeta, que expide a Xunta de Galicia, presenta unhas vantaxes semellantes á tarxeta cidadá do Concello de Lugo. É unha tarxeta- moedeiro que non ten carácter persoal, polo que poderá ser utilizada indistintamente por calquera persoa e con ela tamén é posible pagar a viaxe de varias persoas que viaxen xuntas.

Dende o PP lamentan que por falta de previsión “dende mediados de decembro ningún cidadán pode ter unha nova tarxeta, xa que nin se emiten novas tarxetas, nin se substitúen as que se rouban ou extravían nin tampouco se poden cambiar as que funcionan incorrectamente. A realidade é que o único que se pode facer é renovar as tarxetas bonificadas xa existentes e que os cidadáns entreguen a documentación coa que solicitan a tarxeta para cando haxa existencias”.

Os populares tamén reclaman unha solución para os lucenses que pediron a devolución do diñeiro que tiñan depositado na súa  tarxeta dixital porque deixaron de usar o transporte. De feito hai tres peticións que se remitiron á Comisión de suxestións que se celebrou hoxe.

Os populares recordan que solicitaron a Lara Méndez e Rubén Arroxo a creación dunha tarxeta cidadá dixital para poder desatascar o servizo ante a falta de stock de tarxetas físicas, pero tanto a alcaldesa como o vicealcalde negáronse a escoitar esta proposta.

Unha situación que se engade á caída do servizo 010, polo que os lucenses que queren pedir cita para solicitar a tarxeta cidadá teñen que acudir un mínimo de tres veces ás dependencias municipais. A primeira, para pedir cita; a segunda, para entregar a documentación; e a terceira, para recoller a tarxeta.

Responder

15 − 6 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies