InfraestruturasMedio Ambiente

O PP pide ao BNG que cambie as árbores da Mosqueira lembrándolle que se comprometeu a plantar especies non alerxénicas

By 24 Marzo, 2022Sin comentarios

Os populares “consideran un erro que se seleccionen plantas ou árbores ao criterio do político de turno” e propón que “se cree unha comisión, con técnicos do Campus Terra e con médicos do  servizo de Alergoloxía do Hula, que asesore que arborado e arbustos se deben poñer nas novas zonas verdes de Lugo

O Partido Popular pide ao bigoberno que recapacite e que, en vez de pasar o tempo competindo por quen inaugura antes a peonalización da Mosqueira, traballe en facer unha planificación saudable das novas zonas verdes de Lugo.

Dende o PP lembran que había un compromiso público dos nacionalistas que o 29 de setembro de 2020  aseguraban que plantarían árbores que non causarían alerxias nesta zona. Esta afirmación fixéronna logo de que o Grupo Popular presentase unha queixa pola selección dos arbustos e árbores deste novo espazo público de Lugo.

Macamen López Silva lembra que o PP considera que “hai que constituir unha mesa de traballo e invitar a ela ao Campus Terra e ao Servizo de Alergoloxía do Hula para que asesoren ao concello das especies que sexan máis idóneas para colocar nas futuras zonas verdes do municipio”.

“Non ten sentido que se escollan porque son de crecemento rápido ou porque son as máis baratas” matizando que “debemos ter altura de miras e pensar na saúde dos nosos veciños e veciñas xa que,  de que nos vale ampliar espazos se logo non podemos disfrutalos porque plantan xustamente as especies máis daniñas para os alérxicos como son o bidueiro, plataneiros de sombra ou alisos”.

López Silva explica que este é o momento de actuar xa que” co cambio climático a polinización esténdese e se prevé que en 2050 a metade da poboación padeza esta enfermidade”. “Non se poden minimizar as consecuencias que poidan ter sobre a saúde dos lucenses as plantacións que se están a facer”. A popular reflexionou “agora que mudou a situación, máis que nunca precisamos ter espazos humanizados, con plantacións axeitadas e sempre buscando un beneficio para a saúde dos nosos veciños e veciñas”.

Responder

14 − 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies