Zona rural

O PP reclama a limpeza das cunetas en Vilacendoi para evitar que se inunden vivendas, cortes e fincas particulares

By 13 Novembro, 2016Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Popular Manuel López afirma que urxe retirar “a terra apelmazada e a maleza que tapona un tramo de 60 metros do treito da gabia da acceso a este núcleo da parroquia de Bocamaos”

O Gmpp advirte que os veciños do lugar de Vilacendoi en Bocamaos están preocupados porque as súas casas ou cortes corren o risco de inundarse pola falta de limpeza das cunetas. O concelleiro popular Manuel López explicou que hai un tramo duns 60 metros, xusto á entrada do núcleo, onde a canalización para recoller a auga da chuvia “está tapada por completo por terra apelmazada e maleza”. O edil do PP solicita que de forma urxente o goberno local retire todo o material que obstrúe esta canalización xa que “coa previsión de chuvias é probable que a auga esvare pola calzada e asolague as súas fincas ou vivendas”.

O edil do PP tamén se fae eco doutra petición da veciñanza deste lugar da parroquia de Bocamaos. López reclama que se estude a posibilidade de botar unha capa de zahorra nunha pista de terra que hai na zona de 6 metros de anchura e duns 900 metros de lonxitude e que, na actualidade, está en moi mal estado. O popular indicou que os veciños de Vilacendoi “non só a poderían utilizar para o paso de maquinaria senon que tamén como acceso directo á nacional VI”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies