DeportesInfraestruturas

O PP critica que non se avanzara en cubrir a piscina exterior de Frigsa

By 13 Novembro, 2016Sin comentarios

 Jaime Castiñeira lamenta que “o goberno local lle dea as costas aos centos de usuarios da piscina de Frigsa, aos que lles continúa negando a instalación dunha cuberta desmontable”, que aprobou o pleno hai un ano a iniciativa do PP

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, critica que o goberno local non teña avanzado “nin un ápice” na cuberta da piscina exterior de Frigsa.

Castiñeira censura que “os socialistas continúen dándolles as costas aos usuarios desta dotación, a quen lles negan a instalación dunha cuberta desmontable que permita empregala durante todo o ano”, unha medida que aprobou o pleno municipal, a iniciativa do PP, no último trimestre de 2015. “Outra vez máis non só estamos diante dun incumprimento evidente do acordo plenario senón que a propia alcaldesa está fallando á súa palabra, algo ao que xa nos ten moi acostumados aos lugueses”, asevera Castiñeira, xa que durante a presentación do Club de Natación Porta Miñá a socialista trasladara este compromiso “minutos despois de que dende o PP tivesemos feito pública a nosa preocupación ao respecto e que incorporaramos ao noso programa electoral, maioritariamente validado e apoiado polos lugueses”.

Nesa liña, o voceiro popular afonda en que “estamos a falar dunha vella reivindicación que comparten tanto os deportistas profesionais e amateurs como o resto de usuarios que acoden por razóns de rehabilitación ou aprendizaxe”, que “non ten ningún sentido deixar sen atender, posto que contribuiría tamén a un mellor aproveitamento das dotacións municipais e, deste xeito, a unha optimización dos recursos públicos”.

Ante esta situación, Jaime Castiñeira insta aos socialistas a incorporar unha partida específica para esta actuación nos orzamentos municipais de 2017, de xeito que “non se caia no mesmo erro que todos estes anos”. Paralelamente, os populares solicitan “unha aposta real e decidida polo deporte e por todas as disciplinas”.

Por último, o popular subliña que esta proposta enmárcase no plan de acción “concreto e global” que ten emprendido o PP para que se poidan empregar, “con independencia das circunstancias meteorolóxicas”, dotacións públicas como a piscina exterior de Frigsa ou o parque infantil de Augas Férreas. 

Responder

4 × 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies