O PP reclama dar un impulso ao voluntariado con programas municipais para loitar contra a soidade na pandemia

By 1 Decembro, 2020Servizos sociais

A concelleira popular Cristina Abades insta a que “se active unha oficina ou punto de información de voluntariado municipal ou ben un rexistro on line para persoas que queiran colaborar de forma desinteresada no seu entorno”

O Grupo Municipal insta ao bigoberno a impulsar programas de voluntariado dende o concello recriminándolles “a súa escasa preocupación por promover accións de voluntarios durante a crise da Covid-19”. A concelleira popular Cristina Abades explica que “outras cidades levannos anos de dianteira neste eido, nelas están activadas oficinas o puntos de información para voluntarios, ou ben teñen un modelo de rexistro on line para persoas que busquen colaborar na loitar contra a soidade nestes tempos de pandemia”.

A concelleira popular lembra que hai un ano, coincidindo co día internacional do voluntario que se celebra o 5 de decembro, o Grupo Popular reclamou ao bigoberno que reactivase  a oficina de voluntariado para poñer en marcha iniciativas sociais. Abades explicou que  “a oficina de voluntariado municipal que se creou en 2002, no Uxio Novoneyra co gallo do Prestige, desmantelouse de forma definitiva hai anos” indicando que “dende aquela non se ofreceu ningunha alternativa ás persoas interesadas no voluntariado”.

“Neste momento esta función informativa e oferta de programas estanna a ofrecer o tecido social que hai na cidade” indicou Abades quen agradeceu “o seu esforzo e compromiso incondicional co voluntariado”

Cristina Abades avanzou que pedirá ao bigoberno “impulsar a figura do voluntariado e captar voluntarios como están facendo as grandes cidades galegas, ben a través da oficina de voluntariado ou ben cun rexistro on line para persoas que queiran colaborar de forma desinteresada”. Tamén explicou que “a resposta solidaria debe  xestionarse de forma coordinada entre os distintos departamentos municipais: xuventude, servizos sociais, seguridá cidadá e protección civil”.

A edil do PP manifestou que “o voluntariado é un valor en alza na nosa sociedade, e un dos maiores indicadores do seu grado de solidaridade” polo que considera “unha mágoa que o Concello de Lugo non poida contar cos mesmos servizos que outras cidades galegas”. A popular recalca que “ditos voluntarios poderían levar a cabo, neste tempo de pandemia, tarefas cotidianas para atender necesidades básicas dos veciños en situación de maior vulnerabilidade, programas para a loita contra a soidade, ou ben incentivar a colaboración entre particulares nos seus propios entornos”.

Leave a Reply

twenty − four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies