O PP critica que a descoordinación entre PSOE e BNG propicia que se manteñan abertas durante semanas as zanxas de fugas de auga xa reparadas

By 2 Decembro, 2020Obras

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez recorda que hai meses que se pediu fixar un prazo, dun máximo dunha semana, entre que se abren as zanxas para reparar fugas e o seu peche, para repoñer o pavimento ou beirarrúa afectada pola obra

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pide coordinación entre a concellería que xestiona o servizo de augas, que depende do PSOE, e o concelleiro  de vías e obras, que é competencia do BNG, para evitar que puntos onde se reparan fugas tarden semanas, incluso meses en pecharse as zanxas abertas.

Rafael Pérez puxo un novo exemplo desta descoordinación, nesta ocasión entre as Rúas San Xosé e Virxe dos Ollos Grandes, nas Gándaras. Neste punto hai un mes que se arranxou unha fuga de auga na vía pública e a zanxa estivo aberta durante ata o día de onte. “Xa o dixemos en varias ocasións e seguimos a pensar que no concello debería fixarse un prazo, dun máximo dunha semana, entre que abren a zanxa para reparar a fuga e logo a pechan”, explicou.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular segue a insistirse na necesidade de elaborar un estudo da rede de augas e lembran que nun pleno, celebrado en 2010, decidiuse a petición do Grupo popular realizar unha planimetría da rede, sen que ata o de agora se fixese ningún traballo para dar cumprimento a este acordo plenario. Este estudo permitiría coñecer que tubarias conteñen fibrocemento co obxecto de substituílas de forma progresiva.

Un problema derivado do sistemático desmantelamento das diferentes brigadas realizado nos últimos anos polos diferentes gobernos socialistas, coa permisividade do BNG. Un exemplo deste desmantelamento é a privatización do servizo que atende ás urxencias como rebentóns de tubarias ou cortes de auga, que agocha a política de desmantelamento, seguida nos últimos 20 anos, polos gobernos socialistas que desmantelaron brigadas, como a de augas, que funcionaba perfectamente, sen esquecer a dos electromecánicos ou a brigada de saneamento. “Está claro que os socialistas prefiren privatizar os traballos extraordinarios antes que reorganizar o servizo municipal e antes de pagar horas extra aos traballadores”, sinalou.

Leave a Reply

3 − 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies