Urbanismo

O PP quere un compromiso por escrito de Lara Méndez de que non haberá compensacións ao promotor do Garañón

By 25 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O vicevoceiro popular teme que “o urbanismo á carta do padriño político da alcaldesa de Lugo provoque custos adicionais que arruinarían aos lucenses”

O PP quere un compromiso oficial da alcaldesa para evitar novos gastos sorpresa que hipotequen máis aos lucenses e, nese senso, pedirá o vindeiro xoves no pleno municipal unha proposta para que a alcaldesa ratifique oficialmente, e acredite por escrito, que non haberá lugar a indemnización ou compensación ao promotor do Garañón cuxa construcción foi avalada polas licencias e permisos municipais outorgados co voto en solitario do PSOE e que foron anulados en vía xudicial.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “en caso de existir algún tipo de indemnización ou compensación en relación á construcción das torres do Garañón, o Goberno Municipal do Concello de Lugo comprométese a  iniciar de xeito inmediato, e de oficio, todos os trámites precisos para reclamar aos responsables políticos os custos destas posibles compensacións ou indemnizacións e lucro cesante, así como os derivados do atraso no cumprimento das sentenzas que obrigan á reposición da legalidade de dita obra”.

Ameijide explica que esta proposta ten o obxectivo de plasmar nun documento público as declaracións pronunciadas no pleno do mes de decembro de 2021, tanto por parte da alcaldesa como da concelleira de economía e recursos humanos, nas que facían referencia a un presunto informe de asesoría xurídica segundo o cal o Concello de Lugo non tería que indemnizar ou compensar ao promotor da obra do Garañón. O popular matizaba que “este informe a día de hoxe ainda non o puidemos consultar, si é que existe”.

O popular engade que diante da imposibilidade de ter acceso a dito informe nos diferentes departamentos do Concello, e tralas declaracións da sra. Alcaldesa: “a non indemnización non o digo eu, senón o asesor xurídico do Concello no seu informe. E nós temos plena confianza nos nosos técnicos” este Grupo Municipal require do equipo de goberno “o compromiso público e oficial de que non haberá que asumir ningún tipo indemnización ou compensación ao promotor da edificación do Garañón en base á licenza outorgada por un goberno socialista no Concello de Lugo, posteriormente declarada ilegal e anulada pola xustiza”.

Se non acepta este acordo é que nos mentiu e que ten moito que tapar e que agochar, resumiu Ameijide. Así mesmo, en aras á transparencia, este grupo esixe ao goberno bipartito “o estudo de custos do Garañón así como o proxecto técnico preciso para tirar as torres e reurbanizar a parcela que inclúa a totalidade daqueles aos que terá que facer fronte o Concello de Lugo, incluíndo o derribo real, non unha estimación, e as posibles indemnizacións e/ou compensacións para reconverter eses terreos en zona verde”.

Responder

eleven + six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies