Sen categoría

O PP propón unha ordenanza para garantir o acceso xusto e transparente aos locais sociais municipais

By 24 Febreiro, 2025Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo denuncia a falta de transparencia e regulación no uso dos locais sociais municipais da zona rural, o que está a xerar desigualdades no acceso a estes espazos. A concelleria popular explica que actualmente non existen criterios claros e públicos sobre o seu uso, cesión ou reserva.

Neste momento o goberno do PSOE e do BNG está a fomentar o clientelismo e a arbitrariedade favorecendo a uns fronte a outros a utilización deste espazo sen criterios obxectivos xa que hai pedáneos ou persoas da confianza do goberno local que si teñen a chave.

Unha ordenanza que regule o uso destes espazos non só evitaría estas prácticas, senón que aseguraría que os locais sociais cumpran a súa función: estar ao servizo de toda a cidadanía, sen favoritismos políticos nin discrecionalidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies