
O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo valora a decisión da Xunta de denegar a autorización ambiental integrada para a planta de biometano de Coeses, baseada nos informes técnicos desfavorables . Este rexeitamento confirma as deficiencias do proxecto e reforza a necesidade de garantir o cumprimento estrito das normas ambientais antes de autorizar calquera instalación deste tipo.
O PP foi o único grupo político que actuou con rigor e sen demagoxia neste asunto “que informou dende o primeiro momento da exposición pública; que explicou o proxecto á veciñanza e que ofreceu asesoría técnica presencial e personalizada. Tamén presentamos alegacións e apoiamos todas as iniciativas que se presentaron na mesma mesma dirección, ademais de liderar unha proposición no pleno do Concello (27 de xuño) para que se tivesen en conta as alegacións presentadas por veciños e colectivos afectados.
Durante todo o procedemento “Fomos coherentes co noso posicionamento e sempre pedimos a máxima transparencia”.
O Concello de Lugo é quen ten a última palabra e debe decidir sobre a licenza municipal para a planta de biometano de Coeses. Por iso sorprende a desfachatez política de socialistas e nacionalistas dado que a planta de biometano foi un proxecto que apoiou o goberno local tendo en conta que dende o ano 2021, que foi cando se empezou a tramitar no concello, estiveron calados e só cando o debate público foi inevitable, cambiaron de criterio sen ofrecer ningunha explicación aos lucenses.
Pola súa banda asombra a actitude do BNG sempre de perfil e sen aportar ningunha solución máis aló da confrontación política e o uso da planta de biometano como unha arma política arroxadiza contra a Xunta. Hai que lembrar que non tiveron nin unha soa xuntanza informativa ou explicativa cos veciños ata que o PP informou da exposición pública do proxecto.
O Partido Popular, en cambio, mantivo unha posición coherente e rigorosa e fixo un seguimento exhaustivo defendendo sempre a máxima transparencia e a seguridade xurídica. Si o proxecto cumpría se autorizaba e, se o proxecto non cumpría non