Sanidade

O PP propón impulsar un Plan Municipal de Saúde Mental e unha maior implicación do bipartito na prevención

By 11 Setembro, 2023Sin comentarios
  • Os populares poñen de manifesto que “dada a gran sensibilidade que hai na sociedade polo incremento dos transtornos mentais, é importante que se tomen medidas  e se fagan accións dende todos os ámbitos e en coordinación coas diferentes administracións”

 

  • Para os populares é prioritario que se reserve unha dotación orzamentaria suficente no Concello de Lugo para impulsar un plan municipal de saúde mental a nivel local e que haxa recursos para planificar máis programas de divulgación e didácticos para desterrar estigmas e para naturalizar recorrer aos profesionais da saúde mental”

 

  • Neste plan municipal de saúde mental ademáis de contar coas entidades sociais que traballan con persoas afectadas, habería que dar participación a docentes do grao de psicoloxía e do master de psicoloxía xeral sanitaria da UNED de Lugo así como  co Colexio de Psicólogos

 

NON PODEMOS QUEDAR ATRÁS

  • Dende o PP insisten en que o concello de Lugo non pode quedar atrás neste tipo de prestacións que outros concellos si ofrecen lembrando como, por exemplo, no Concello de Lugo non temos unha unidade de atención temperá polo capricho da alcaldesa que renunciou en 2021 á axuda do 90% que lle ofrecía á Xunta de Galicia para crear este servizo.

 

Os populares lembran que as unidades de atención temperá están funcionando en máis de 100 concellos de Galicia que contan con moitos menos recursos que Lugo e, precisamente, este servizo é un dos que figura nun documento que elaborou a plataforma de organizacións da infancia de Galicia con medidas encamiñadas a coidar da xente moza

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies