Sen categoría

O PP di que a mala xestión do bipartito retrasa os pagos das axudas municipais ás entidades sociais

By 11 Setembro, 2023Sin comentarios
  • Facéndose eco do malestar que hai no tecido social pola demora nos pagos das axudas municipais, tanto de concorrencia competitiva como nominativa, o Partido Popular presentará ao vindeiro pleno unha iniciativa co ánimo de mudar esta situación

 

  • A proposición que se debatirá no pleno deste mes contempla os seguintes puntos:

 

  1. Actualización do importe das subvencións municipais nominativas que perciben as entidades sociais
  2. Axilizar a tramitación dos convenios garantindo sempre a transparencia
  3. Promover rebaixas fiscais para as entidades con proxectos de carácter social

 

RETRASO NOS PAGOS

 

  • Os populares explican que “a falta de xestión do bipartito” queda en evidencia cando nos referimos ao  pagamento das axudas municipais a entidades sociais  desvelando que “a día de hoxe hai entidades que agardan a que se lles ingrese a subvención municipal concedida e debidamente justificada en 2022”.

 

  • Por último, os populares solicitan ao bipartito que predique co exemplo xa que “ao igual que o concello exise o cumprimento en prazo de pagos de impostos tería que aplicarse o conto a súa xestión diaria xa que estamos a falar de calidade de vida de colectivos con dificultades”.

 

  • Nese senso explican que seguimos vendo que a mala planificación deste bigoberno repercute nas asociacións que se están vendo obrigadas a realizar un esforzo inversor extraordinario para poder facer fronte aos gastos de funcionamento das súas asociaicións recriminando que “é inconcebible que presuman de liquidez e logo non sexan quen de pagar en tempo e forma”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies