Urbanismo

O PP presenta unha grabación para demostrar que o bipartito minte cando di que hai atención presencial en urbanismo

By 15 Febreiro, 2022Sin comentarios

No vídeo un arquitecto solicita cita presencial para facer unha consulta  técnica e se lle responde, ata en sete ocasións, que “non hai citas presenciais e que no servizo de arquitectura, de momento, esta é a orde que teñen” e a opción que se lle ofrece é “atendelo en dúas semanas por teléfono”

O Partido Popular presentou hoxe un vídeo demostra que o bipartito minte cando afirma que en urbanismo “se estaban dando citas para atender dúbidas de xeito presencial”. Así respondían o PSOE e o BNG cando denunciamos dende o Grupo Popular, en novembro de 2020, as dificultades que tiñan os cidadáns e os técnicos de aclarar dúbidas ou consultar os expedientes de urbanismo.

Antonio Ameijide explica que na grabación que desminte ao bigoberno vese como un  arquitecto solicita unha consulta presencial e o funcionario que o atende “ata en sete ocasións lle informa que non hai citas presenciais, que son todas telefónicas e que, se o estima, pode mandar documentación por correo electrónico, chegando a apuntar que teñen esa orde”. Finalmente ao técnico dáselle a opción de facer consulta telefónica en 13 días”. A chamada realizouse o venres 11 de febreiro e a cita telefónica que se ofrecían sería para o día 23 de febreiro. En conclusión “non hai atención presencial e se tes que resolver unha dúbida tes que agardar unhas dúas semanas para que te atendan por teléfono”.

Estes retrasos no día a día, nas consultas, así como na resolución de licenzas impiden que os administrados cumpran prazos administrativos o que provoca que se perdan subvencións e permisos doutras administracións desincentivando o investimento en Lugo.

Os populares lembran que levan varios meses insistindo en que se recupere a presencialidade na planta de urbanismo e anuncian que levarán un rogo para que sexa efectiva esta reclamación xa que noutros servizos municipais xa se habilitou este tipo de atención ao cidadán. “Esperemos que non se escuden en contestacións similares á que nos deron na comisión de contas do 19 de novembro na que zanxaron o tema cun: se toma en consideración”

Ameijide explica que “o Grupo Popular lamenta que o bigoberno intente enganar aos lucenses maquillando a realidade para evitar que trascenda o mal funcionamento de servizos municipais coma este”. O vicevoceiro popular reflexiona que “sería moito máis honesto que en vez de mentir, recoñecerán a súa incapacidade de organizar a área de urbanismo”. “Se esta grabación sirve para demostrar unha realidade que é coñecida por todos en Lugo, e se consegue recuperar a presencialidade no departamento vén pagou a pena”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies