Infraestruturas

O PP advirte dos perigos innecesarios do carril debido a que a obra se realizou con présa e sen consenso

By 16 Febreiro, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares están a revisar os diferentes treitos que xa hai do carril bici porque hai numerosas denuncias veciñais alertando de deficiencias, como que na rúa Dona Urraca, onde o carril remata nunha parede, cunha zona estreita debido á existencia dun tapón urbanístico, vehículos e bicicletas comparten a vía a pesar de circular en sentidos contrarios e case sen espazo para cruzarse

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular seguen a recibir numerosas queixas por parte de lucenses polas molestias que está a xerar o carril bici que Lara Méndez se empeñou en facer, con calzador, nun único barrio da cidade.

  • Entre os problemas detectados polos veciños e trasladados aos populares está o proxecto realizado na rúa Dona Urraca, unha zona na que, entre outros problemas, os populares destacan tres:
    O carril bici remata contra a fachada dunha casa
  • Hai un punto perigoso debido á existencia dun tapón urbanístico no que vehículos a motor e bicicletas comparten a vía circulando en sentidos contrarios a pesar de ser unha zona na que so cabe un coche xusto
  • Eliminaron todas as prazas de estacionamento

Explica Antonio Ameijide que esta situación unicamente se explica polo “empecinamento” de Lara Méndez por levar adiante a obra, ante a oposición dos veciños e dos grupos da corporación. “É curioso que pese a que tanta xente lle está a dicir a Lara Méndez que lle dea unha volta ao proxecto, ela segue a pensar que ten razón e que o resto somos os que estamos equivocados”, lamentou.

Os populares tamén revisaron outros puntos nos que os veciños criticaron a obra do carril bici. Na rúa López Guntín, para facer o carril bici non so eliminaron prazas de aparcamento, senón que tamén optaron por facer máis pequena a beirarrúa.

Na rúa Germán Alonso tamén hai varios problemas. A pesar de nin terse nin inaugurado a obra, xa hai zonas nas que a pintura está borrada ou, directamente, desapareceu, “e non é a primeira vez que sucede”, xa que dende o PP denunciamos esta situación na Ronda do Carme. Pero a isto hai que engadir que, como se eliminaron prazas de aparcamento, hai ocasións nas que os  veciños non teñen máis remedio que aparcar sobre o carril bici, “algo que como é lóxico non se pode facer”.

Pero o máis grave en Germán Alonso é que na parte superior da rúa é preciso replantexar o proxecto, xa que os buses non xiran ou o fan con moitos problemas, polo que os populares insisten: “é preciso dar unha volta a este proxecto”.

Antonio Ameijde explica que estes son claros exemplos “da chapuza” que Lara Méndez está a facer co carril bici, unha obra que puido ser interesante para a cidade, pero sempre que se houbese realizado un proxecto estudiado e non a calzador nun único barrio da cidade, eliminando centos de prazas de estacionamento e afundindo a todo un barrio da cidade. E remata afirmando que “aínda estamos a tempo de facer un carril bici bo para Lugo, pero sempre con consenso e sen danar ao tráfico rodado”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies