Infraestruturas

O PP preguntará ao goberno local se pediu ao Ministerio de Transporte a cesión do treito da N-VI que percorre Nadela

By 14 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Nadela explicaron aos concelleiros populares que hai tempo acordaron co goberno local que se pedira a cesión deste treito para darlle un tratamento urbano, pero dende que o goberno local se comprometera non volveu a informar aos interesados

O Grupo Municipal do Partido Popular quere saber en que punto se atopa a posible cesión dun treito da N-VI ao Concello de Lugo, concretamente o que transcorre por Nadela, unha petición que os veciños da zona explican que negociaron co goberno local pero da que nada máis volveron a saber.

Por este motivo, os concelleiros do PP realizarán varias preguntas na comisión correspondente para coñecer en que punto se atopa esta tramitación (se é que o Concello de Lugo a comezou) e se está previsto dar un tratamento de vía urbana a este treito para poder darlle un tratamento diferente, como de travesía urbana, algo que facilitaría determinadas actuacións que limita a lei de estradas, como unha humanización da zona.

Os concelleiros populares recordan que xa pediron en varias ocasións a humanización da N-VI ao seu paso por Lugo xa que esta vía é unha das portas de entrada ao municipio. “O feito de conseguir a titularidade da totalidade do tramo da N-VI que transcorre polo municipio permitiría avanzar na conexión da trama urbana da cidade coa zona fluvial, sempre tendo en conta a prioridade de preservar o entorno para o disfrute dos cidadáns”.

Responder

5 + eighteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies