InfraestruturasTransparencia

O PP pregunta a Lara Méndez que agocha na Fábrica da Luz para seguir a denegar a entrada ao grupo maioritario da corporación

By 18 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide recorda que os principais cargos políticos implicados nos suceso que tiveron lugar na Fábrica da Luz son o ex edil Daniel Piñeiro, como responsable desta infraestrutura, e Lara Méndez, como alcaldesa e persoa á que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil enviaba as notificacións pedindo que se iniciasen os trámites necesarios para evitar a caducidade das obras

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular viron hoxe como a transparencia do bigoberno do Concello de Lugo volveu a brillar pola súa ausencia ao denegar a entrada dos edís populares na Fábrica da Luz para comprobar o estado no que se atopa esta instalación.

Antonio Ameijide lamentou a nova negativa de Lara Méndez e todo o seu equipo de goberno e lle preguntou á rexedora que ten que ocultar na Fábrica da Luz para ser “tan hermética” con esta dotación ao negar a cargos electos por todos os lucenses a súa entrada nunha instalación municipal.

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular se solicitou o acceso á Fábrica da Luz para comprobar o seu estado, así como para comprobar o material que se restaurou hai dúas décadas no seu interior e que podería estar nun estado nefasto debido aos constantes saqueos que esta instalación municipal sufriu nos últimos anos.

O popular lamenta o veto de entrada xa que “é preciso” comprobar o estado do interior do edificio e saber se nel están as turbinas que teñen un valor, segundo a sentencia xudicial, de 724.090,24€. “Ter elementos dese valor nun edificio abandonado e sen vixilancia é moi grave. Non entendemos a negativa a nosa entrada, seguramente teñan algo grave que ocultar”, sinalou.

Para o vicevoceiro popular esta situación comeza a ser preocupante xa que estamos ante un goberno que “presume da súa transparencia” pero que segue a poñer trabas ou mesmo a negar o traballo de fiscalización e control da oposición.

Ameijide sinala que estamos nun momento complicado para todos os lucenses debido a situación xerada na Fábrica da Luz pola desidia  e neglixencia dos diferentes gobernos e cargos socialistas. “Vimos de coñecer hai poucas semanas que a segunda sentenza xudicial na Fábrica da Luz nos condena a todos os lucenses a pagar unhas indemnización de 2.5M€ á empresa concesionaria pola neglixencia do goberno local e o bigoberno segue sen reaccionar”, afirmou.

O edil popular explica que o camiño tomado por socialistas e nacionalistas, de dilatar no tempo o pago desta indemnización, so leva a aumentar esta cifra xa que cada mes que se demore o pago a cifra aumentará en 8.000€ en concepto de intereses de demora.

Unha situación que tamén vai da man da decisión de Lara Méndez de seguir sen iniciar o expediente para que o Concello de Lugo reclame de oficio, por vía administrativa, a responsabilidade dos políticos socialistas responsables da situación da Fábrica da Luz, un camiño que se tomou por unanimidade no pleno tras unha iniciativa do PP para que sexan os políticos responsables os que paguen os 2.5M€ de indemnización aos que lles condenou a xustiza.

Para o concelleiro popular, seguramente Lara Méndez non iniciou o expediente debido a que ela mesma é unha das principais responsables desta situación xa que como rexedora é a persoa á que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil enviaba notificacións pedindo que se iniciasen os trámites necesarios para evitar a caducidade das obras.

No Grupo Municipal do Partido Popular tampouco se esquecen de que non se debería de renunciar aos dereitos de explotación que perderon os socialistas por non firmar, en tempo e forma, a solicitude de concesión de prórroga, así como por outros fallos na tramitación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies