Infraestruturas

O PP pide unión ao pleno para reclama ao Goberno central que apoie o Corredor Atlántico como unha prioridade

By 28 Marzo, 2023Sin comentarios

Ramón Carballo explica que os plans do Goberno de España son decepcionantes e volven a excluír a Lugo deste corredor ferroviario nunha nova mostra de que Pedro Sánchez segue a castigar a Lugo deixado a cidade ao marxe das comunicacións terrestres

O Corredor Atlántico é unha prioridade para Galicia, Asturias e Castela e León, polo que tamén debería de selo para o Goberno Central. Por este motivo, o Grupo Municipal do Partido Popular pedirá no pleno do xoves que o Concello de Lugo inste ao goberno de Pedro Sánchez a convocar de xeito urxente unha xuntanza co Comisario do Corredor Atlántico e as comunidades autónomas interesadas para tratar as necesidades específicas desta infraestrutura.

Ramón Carballo sinala que é preciso incorporar no Plan Director o investimento de 8.000 millóns de euros adicionais para financiar as actuacións que Galicia, Asturias e Castela e León teñen identificadas como prioritarias e que se garanta a igualdade (de oportunidades, investimentos e de avances) entre o corredor atlántico de mercadorías e o corredor mediterráneo.

O voceiro popular explica que se trata de impulsar o conxunto de liñas ferroviarias chamadas a conectar os principais portos atlánticos e outros nodos estratéxicos desta área coas rexións do interior de España, Portugal e, sobre todo, co resto de Europa, xa que a día de hoxe o transporte de mercadorías por ferrocarril non chega ao 4%, a cuarta parte da media europea, que move case o 17% do total das súas mercadorías por este medio. A execución dos investimentos necesarios no noroeste peninsular permitiría triplicar o transporte de mercadorías por ferrocarril a partir do ano 2040, pasando deste xeito a mover mais de vinte millóns de toneladas, unha cifra estimada moi superior a dos 7 millóns actuais.

A alianza das comunidades do noroeste xa acadou o primeiro resultado práctico coa constitución o pasado 27 de xaneiro, por parte do Goberno de España, do Comisionado para o Corredor Atlántico coincidindo coa celebración en Santiago de Compostela do Encontro do Corredor Noroeste, no que participaron os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León. Con todo, este comisionado non se activou ata mes e medio despois, e con cinco anos de atraso con respecto ao Comisionado do Corredor Mediterráneo, que acada un nivel de desenvolvemento moi superior.

As primeiras informacións que se coñecen sobre os plans que manexa o Goberno de España son decepcionantes, pola pouca ambición que contén, polas ausencias flagrantes e polo insuficiente investimento que se baralla. Unha proba desto é que a cidade de Lugo queda excluída deste corredor ferroviario, se ben o convenio asinado nos pasados días para a estación intermodal debería supoñer un revulsivo para que Lugo entre a formar parte da rede de comunicacións estatais e, especialmente, da ferroviaria. “O Goberno de España non pode seguir a castigar a nosa cidade deixándoa ao marxe das comunicacións terrestres”, apuntou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies