Servizos sociais

O PP pide que se permita a entrada no albergue municipal de cans de persoas sen fogar

By 5 Febreiro, 2022Sin comentarios

A concelleira popular Macamen López explica que hai usuarios do albergue municipal que, en plena onda de frío, optaron por durmir á intemperie xunto a súa mascota, xa que é a única familia que teñen e non querían deixar ao seu can só na rúa

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, pide ao goberno local “una maior sensibilidade” para dar unha solución a aqueles usuarios do albergue municipal do transeúnte que non queren acceder a estas instalacións, en plena onda de frío, xa que non se permite a entrada do seu can, “que en moitos casos é a única familia que lles queda e da prefiren non separarse”.

Unha situación ante a que Macamen López pide ao goberno local que busque a solución máis axeitada para que estas persoas sen teito poidan pernoctar a cuberto na compaña da súa mascota. A concelleira popular asegura que hai fórmulas que utilizan outros albergues como poderían ser “habilitar unha habitación ou espazo específico para os sen teito que leven mascotas”.

Os populares lembran que outra vía, a medio largo prazo, podería ser a reactivación da oficina municipal de voluntariado, de xeito que calquera lucense que o desexe podería prestar a súa axuda desinteresada a outras persoas, neste caso acollendo ás mascotas. “É chamativo que este bigoberno se negue de forma sistemática a impulsar o voluntariado e fomentar un labor de acompañamento a diversos colectivos como podería ser tamén o dos sen teito”.

Responder

11 − 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies