Zona rural

O PP esixe ao goberno local a reparación de varias vías en mal estado en Conturiz

By 7 Febreiro, 2022Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP Óscar Poy e Rafael Pérez visitaron a parroquia de Conturiz onde comprobaron o malestar dos veciños da zona polas fochancas que presentan diversas vías da parroquia e que dan acceso a numerosas vivendas

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy e Rafael Pérez, visitaron a parroquia de Conturiz, onde os veciños da zona seguen a demandar o arranxo de varias pistas en mal estado xa que as eivas que presentan dificultan a circulación, chegando nalgún caso a producir danos nos vehículos.

Os concelleiros populares comprobaron in situ o estado destas pistas e comprobaron a necesidade de arranxar os baches existentes. Para os populares esta situación non é nova, xa que todas as parroquias presentan deficiencias similares nos seus accesos, froito “do abandono e a desidia” do goberno local coa zona rural.

Explican que vemos como todos os veciños das parroquias teñen problemas moi semellantes, sendo neste caso en Conturiz, o principal problema as fochancas, polo que os coches teñen dificultades para circular, provocando que en ocasións teñan que circular pola cuneta, sendo un verdadeiro perigo para a seguridade viaria.

Mellora da recollida do lixo

Os concelleiros populares tamén se fixeron eco doutra petición, como é a mellora na recollida do lixo. Indican os veciños que habitualmente recollíase o lixo dúas veces por semana, pero que non sempre se realiza así nas últimas semanas, provocando que os colectores estean cheos, provocando posibles riscos sanitarios ou a proliferación de roedores ou outros animais rebuscando entre o lixo.

Responder

fourteen − nine =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies