Limpeza

O PP pide que se aproveite a tregua meteorolóxica para limpar os sumidoiros para evitar inundacións durante o inverno  

By 10 Agosto, 2021Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular instan a realizar o máis axiña posible a limpeza dos sumidoiros xa que moitos están tupidos, o que evidencia unha ausencia dunha limpeza periódica, o que provoca a  acumulación de terra, cabichas, plásticos ou envases no seu interior

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo esixen ao goberno local que aproveiten que semella que por fin chegou o bo tempo para deseñar e poñer en marcha un plan de limpeza dos sumidoiros da cidade, despois dos problemas que aparecen sistematicamente cada inverno, xa que ao estar tupidos provocan pequenas anegacións ante a imposibilidade de evacuar a auga, como sucede en diferentes puntos da cidade como Fontiñas, Avenida da Coruña, Barrio Feijoo…

Os populares explican que durante o último inverno recibiron numerosas queixas veciñais acerca de sumidoiros atascados que non desaugaban correctamente a auga da chuvia, polo que se retomaron esas queixas agora para comprobar se o goberno local aproveitaba os meses do verán para limpar os sumidoiros e telos en boas condicións de novo para o inverno. “Lamentablemente vemos como non fan nada por solucionar este tipo de situacións que, aínda que semellen nimiedades, provocan malestar entre a veciñanza”, apuntan.

Recordan os concelleiros populares que durante o primeiro mandato de Lara Méndez se aprobou en pleno, a iniciativa do PP, un plan de mantemento e de reforzo da limpeza dos sumidoiros de Lugo, pero á vista dos feitos “nada se fixo” para evitar molestias aos cidadáns cando chove.

Para os populares urxe aproveitar a tregua meteorolóxica para desatascar estes elementos de drenaxe e así evitar futuras inundacións. Durante o chequeo comprobouse como hai sumidoiros tupidos en diferentes rúas da cidade, o que evidencia que non se realiza unha limpeza periódica, o que provoca a  acumulación de terra, cabichas, plásticos ou envases no seu interior.

Este plan de limpeza dos sumidoiros debería incluír, tamén, o estudo dos elementos de drenaxe suxerindo que se analice a posibilidade de modificar o tamaño, forma, ou número de unidades xa que hai zonas nas que segundo a pendente que teñan os elementos existentes poden ser pequenos ou insuficientes.

Nesta revisión detectouse tamén que unha parte dos rexistros están tupidos, tal e como o demostran as imaxes dos situados en zonas que se inundan con frecuencia cando hai trombas de auga, como pode ser a rúa San Lorenzo, ou determinados puntos de Ramón Ferreiro, onde as follas tupen os sumidoiros, polo que o goberno local debería de plantexarse a elaboración deste plan de mantemento e limpeza para evitar problemas.

Responder

19 + twenty =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies