EconomíaInfraestruturasMedio AmbienteTransparencia

O PP esixe avances no expediente da Fábrica da Luz para que paguen os políticos responsables, se non pedirá responsabilidade directa a Méndez e Arroxo

By 9 Agosto, 2021Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que tanto Méndez como Arroxo xa fixeron fronte aos dous primeiros prazos da indemnización de case 2.5M€ pola condena ao concello na rescisión do contrato da Fábrica da Luz, o que certifica que o edificio volve a depender exclusivamente do concello, polo que remataron as escusas que PSOE e BNG utilizaban para bloquear o acceso dende hai anos

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anuncia que esta mesma mañá o seu grupo rexistrou un escrito pedindo acceso á Fábrica da Luz para poder comprobar o estado real destas instalacións, despois de que o goberno local xa efectuase os primeiros pagos pola indemnización que o concello ten que pagar a empresa concesionaria desta instalación.

Ameijide di que o primeiro dos pagos foi de 150.000€ e explica que imaxinamos que xa realizaron o segundo, que se tiña que realizar antes do 1 de xuño por valor de 1.560.242,16€. “Vemos como a maior parte da indemnización se debería de ter pagado, restando unicamente un pago de 750.000€ cando o goberno local dea o visto e prace á entrega das turbinas que a empresa concesionaria entregará ao Concello de Lugo, polo que xa non hai escusas para que nos impidan o paso, xa que o edificio é de titularidade municipal”, afirma.

Un edificio que ten un gran potencial turístico e económico para o Concello de Lugo, pero que “pode ser un gran fracaso” xa que nin Lara Méndez nin Rubén Arroxo saben que facer con esta dotación. Falamos dun edificio que cunha localización moi boa e cunhas posibilidades de aproveitamento económico no río excepcionais, polo que agora preguntamos tanto a alcaldesa como ao vicealcalde “se teñen previsto solicitar unha nova concesión para este edificio ou pensan abandonalo como abandonaron Lugo”.

Unha situación “preocupante” pola que os concelleiros do Grupo Municipal Popular queren coñecer o estado da Fábrica da Luz, de aí a nova petición de acceso ás instalacións. “Sempre negaron a entrada no edificio argumentando que estaba a disposición da concesionaria, agora que esa escusa xa non lles vale non deberían de vetar a nosa entrada, a non ser que teñan algo que agochar”, dixo. Os concelleiros populares pediron acceso ao edificio para este xoves ás 10:30 e, no caso de que exista algún problema, tamén pediron acceder o venres no mesmo horario.

Antonio Ameijide tamén aproveita para recordar que hai un acordo plenario, de xuño de 2020, tomado a iniciativa do Partido Popular, no que se pide que sexan os políticos responsables do fracaso do proxecto da Fábrica da Luz os que paguen a indemnización que provocaron e que ascende a 2.434.332,16€, un expediente que a día de hoxe non se iniciou polo que todo apunta a que Lara Méndez segue a protexer os seus intereses persoais e os dos seus compañeiros de partido.

Ante esta situación, os concelleiros populares afirman que “non imos permitir” que tenten que paguen os lucenses esta indemnización que provocaron os gobernos do PSOE coa complicidade do BNG, polo que se non inician o expediente de inmediato, “pediremos responsabilidades tanto a Méndez e Arroxo”.

Recorda o vicevoceiro popular que no pleno de febreiro o Grupo Popular xa presentou unha iniciativa, pola vía de urxencia, para depurar responsabilidades, pero tanto PSOE como BNG decidiron vetar o seu debate, “seguramente porque non lles interesaba que se aireasen a súas vergonzas, cacicadas e polo medo da alcaldesa a asumir a súa parte desta indemnización”.

Neste senso, os populares explica que Dado que o procedemento a seguir se sustanciará conforme ao disposto na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, é mester que a corporación municipal proceda a depurar as responsabilidades oportunas ca maior brevidade posible e non trate de agochar baixo as alfombras dun pago negociado as responsabilidades que poidan xurdir e que deben asumir os executores das mesmas.

Ameijide clarifica que “non pode ser en ningún caso que os veciños de Lugo asuman o pago derivado da irresponsabilidade da xestión política que levou a este desenlace, tras unha tramitación que xa se prevía que estaba condenada ao fracaso dende o seu inicio”, polo que deben ser os verdadeiros responsables os que paguen a indemnización, quen deixou caducar a concesión e quen non respondeu aos requirimentos que periodicamente lle facía a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, os responsables políticos deben asumir as consecuencias da súa falta de acción.

Para os concelleiros populares “é innegociable” o cumprimento do acordo de pleno acadado por unanimidade, en xuño de 2020,  para  que se inicien os trámites para esixir de oficio en vía administrativa a responsabilidade dos políticos que motivaron que a empresa concesionaria da Fábrica da Luz reclame unha indemnización de 2.4M€.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies